Carne

Continuidade nas cotizacións do gando en Amio, salvo leves axustes técnicos

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 10/01/2018 2:00 p.m.

As mesas de prezos de Amio manteñen esta semana as cotizacións da anterior sesión, salvo uns axustes técnicos que se fixeron no gando de recría da raza rubia galega e dos cruces, que soben 10 euros, non por razóns de mercado senón por unha revisión necesaria das táboas. Vacún maior e gando de abasto continúan cos mesmos valores, sen cambios.

En canto á Mesa de Prezos de Ternera Gallega, acordouse por maioría de votos manter as cotizacións igual que a pasada semana en todas as categorías e calidades de carne.

A asistencia de gando ó mercado de hoxe foi de 2.605 reses, 288 máis que o pasado 3 de xaneiro. Houbo 2.055 cabezas de vacún menor, 239 de vacún mediano e 293 de vacún grande.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (10-I-2017).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada