Carne

Continuidade nas cotizacións de Amio

As mesas de prezos manteñen sen cambios os valores da pasada semana

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 26/08/2016 2:58 p.m.

As mesas de prezos de Amio decidiron manter igual que na anterior sesión as cotizacións de todas as categorías e calidades de gando, tanto na IXP Ternera Gallega como no correspondente a gando de recría, abasto e vacún maior.

Os vogais da Mesa de Prezos de Abasto coincidiron en apreciar unha gran lentitude no mercado de gando para sacrificar, así coma no das femias e machos destetados de rubia galega para recría. O notable aumento da súa oferta provocou unha lixeira tendencia á baixa das cotizacións, segundo a Mesa.

En canto á asistencia de animais, esta semana entraron no recinto 2.659 reses. Houbo 1.236 cabezas de vacún menor, 320 de vacún mediano e 224 de vacún grande.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (24-8-2016)

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada