Carne

Continuidade das cotizacións en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 19/04/2018 8:02 p.m.

As mesas de prezos de Amio acordaron esta semana manter sen cambios as cotizacións do gando. Tanto a Mesa da IXP Ternera Gallega como a de gando de abasto decidiron repetir os valores da anterior sesión. En gando de recría, apréciase unha tendencia á baixa en becerros de cor, en tanto que en becerros de abasto apréciase unha demanda baixa, se ben en ambos casos optouse polo de agora por manter os prezos sen cambio.

En canto á asistencia de gando á feira, houbo 1.980 reses, 184 menos que a pasada semana. Foron 1.400 cabezas de vacún menor, 256 de vacún mediano e 316 de vacún grande.

Máis información
- Táboa de cotizacións do mercado de Amio (18-IV-2018).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada