Carne

Continúan estables os prezos no mercado de gando de Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 13/03/2024 12:39 p.m.

Unha semana máis, os prezos do mercado de Amio mantivéronse igual que na pasada semana, tanto para o gando de recría para o de matadoiro.

En canto á afluencia, contabilizáronse un total de 1.586 animais, 100 menos que na do 6 de marzo. En concreto, transcorreron polo recinto 1.327 cabezas de vacún menor (108 menos que na feira da semana pasada); 82 de vacún mediano (8 menos que na anterior) e 177 de vacún grande (16 reses máis).

Pola súa banda, os vogais da Mesa de Prezos de Tenreira Galega acordaron por maioría manter os prezos da sesión anterior para todas as categorías e as calidades desta carne.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa de cotizacións de Amio (13-III- 2024).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada