Leite

Continúa o repunte do prezo do leite, que chega ós 43,1 céntimos en Galicia

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 02/08/2022 2:20 p.m.

O último informe de prezos do leite, correspondente ó mes de xuño, revela que a suba de prezos continuou un mes máis, chegando a 43,8 no conxunto de España e a 43,1 céntimos en Galicia, onde subiu 1 céntimo en relación ó mes anterior. A alta demanda levou a que as cotizacións en Galicia se aproximen máis do habitual ás do resto de España. Se se fai unha comparación coas comunidades veciñas, Asturias (44,1 céntimos) e Castilla y León (44 céntimos) están a penas a 1 céntimo de diferenza.

Malia os bos prezos, as entregas de leite seguen evolucionando á baixa, froito principalmente dos altos custos de produción en alimentación animal. En xuño, as entregas reducíronse en España un 2,7% en comparación co ano anterior. Menor é a baixada de produción en Galicia, que en xuño do 2022, en comparación co 2021, baixou só un 0,8%.

Como é habitual, a comunidade mantense líder en calidades do leite, cun 3,75 de graxa e un 3,27 de proteína, por unha media estatal de 3,64 e 3,25.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Repunte do leite ecolóxico
Por segundo mes consecutivo, o leite ecolóxico experimenta tamén unha revalorización no campo, chegando en Galicia a 50,5 céntimos, o que representa unha suba de máis de 4 céntimos nos últimos dous meses. A media española é de 52 céntimos.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada