Leite

Continúa a forte caída da manteiga e do leite en pó nos mercados internacionais

Loading ad.
Ad could not be loaded.
02/02/2023 12:03 a.m.

European Milk Market Observatory acaba de publicar o seu último informe sobre a situación dos mercados de produtos lácteos tanto a nivel europeo como internacional, no que se confirma a forte caída do leite en pó e da manteiga.

Estas son as tendencias que se observan dende este observatorio do sector lácteo, dependente da Comisión Europea:

-Os prezos medios dos produtos lácteos a pasada semana na UE foron os seguintes:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Manteiga: 496 €/100 kg, -9,3% nas últimas catro semanas
Leite desnatado en po (SMP) 257€/100 kg, -8,1% ,,
Leite enteiro en pó (WMP): 364 €/100 kg, -6,5% ,,
Queixo cheddar: 464€ /100 kg -0,5% ,,
O leite spot en Italia permanece estable nos 0,52 €/kg

-Nos principais países exportadores (Estados Unidos, Nova Zelandia e Australia) de lácteos tamén hai unha caída xeralizada nos prezos do leite en pó e da manteiga.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-Os prezos dos produtos lácteos na Unión Europea están por riba dos seus competidores, agás no leite en pó enteiro, onde é superior nos Estados Unidos. É previsible unha maior caída dos prezos na UE nos vindeiros meses para evitar que a súa industria láctea non perda cota de mercado.

- O Global Dairy Trade, a subasta de lácteos organizada cada dúas semanas pola cooperativa neozelandesa Fonterra, pechou a súa última sesión cunha leve baixada das cotizacións.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Descarga aquí o último informe do European Milk Market Observatory

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada