Carne

Continúa a caída dos becerros en Silleda

Lixeira baixada en vacún maior e estabilidade de prezos nos becerros carniceiros

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 26/07/2017 11:37 a.m.

A lonxa de Silleda prosegue coa tendencia á baixa dos becerros de recría que vén amosando nas últimas semanas. A cotización media da feira foi esta semana de 205 euros, polos 222 da anterior sesión. Nas categorías máis concurridas, a de animais de 21 a 50 días, os becerros frisóns pasaron de 174 a 148 euros; os cruzados machos de 312 a 294 e as femias de 200 a 185 euros.

En vacún maior, produciuse tamén unha lixeira baixada, pasando dos 814 euros medios da anterior sesión a 793, con caídas de cotizacións en todas as categorías de canais.

A nota de maior estabilidade deixárona os becerros carniceiros, que cotizaron a unha media de 841 euros, polos 837 da anterior sesión.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En canto á asistencia de gando á feira, houbo unha menor concurrencia pola coincidencia coa festividade do 25 de xullo. Entraron no recinto feiral case 300 animais menos que a pasada semana. Houbo 427 becerros de recría, 175 vacas e 65 becerros carniceiros.

Mesas de prezos
Nas mesas de prezos, en porcino non houbo cambios, en tanto que os ovos volveron experimentar un repunte.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Silleda (25-7-2017).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada