Carne

Constituído o consello regulador das IXPs de Vacún de Galicia

Jesús González Vázquez repite no cargo de presidente

Loading ad.
Ad could not be loaded.
10/03/2023 2:27 p.m.

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, presidiu a constitución do novo pleno do consello regulador das indicacións xeográficas protexidas (IXP) Carne de Vacún de Galicia. Esta acción desenvólvese dentro das renovacións dos órganos de goberno de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario.

O novo pleno quedou conformado por 16 vogalías, das cales 2 corresponden á Asociación Gandeiros Galegos de Suprema; 2 a Unións Agrarias; 1 perténcelle ao Sindicato Labrego Galego; 3 son para a Asociación Agraria de Galicia e, os 8 restantes, son da Asociación Galega da Carne.

O vogais tomaron posesión dos seus cargos e despois procederon á aprobación da presidencia do consello regulador que recae en Jesús González Vázquez, quen repite no cargo. No tocante á vicepresidencia do sector produtor, asume o cargo José Ramón González Vázquez, de Hermanos González Rodríguez SCG; mentres que a vicepresidencia do sector industrial será para Emilio Pedro González Iglesias, de Matadero Carballiño SL. En ambos casos son novos no cargo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Cabe lembrar que nas pasadas eleccións só votaron determinados censos dos consellos reguladores das denominacións de orixe (DO) vitivinícolas de Monterrei, Rías Baixas, Ribeiro e Valdeorras. Tamén, no da indicación xeográfica protexida (IXP) Mel de Galicia e no das IXP das Carnes de Vacún de Galicia. O resto de censos tiñan candidatura única ou chegaron a un acordo.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada