Agricultura

Constitúese a primeira cooperativa galega para a produción oliveira

Conformada por trinta persoas asociadas, PROLIGAL é unha entidade encamiñada a reforzar o sector da olivicultura en Galicia e apoiar na dinamización dunha produción distribuída nas catro provincias

Loading ad.
Ad could not be loaded.
14/04/2023 10:22 a.m.

O Consello Reitor de PROLIGAL, a recentemente constituída cooperativa olivareira de Galicia, culminou este xoves, coa rúbrica notarial, o proceso da súa conformación como entidade de carácter galego para a promoción, estudo, conservación e dinamización da olivicultura galega e con presenza activa, xa neste momento constituínte, nas catro provincias galegas.

Xoán Couto, María José Salgado, José Antonio García, María del Mar Pantín, Rebeca González, Carmen Lage e José Pérez son as persoas que artellan o corpo reitor desta coopoerativa que inicia a súa andaina ao abeiro da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA).

PROLIGAL, Produtores de Olivas de Galicia

PROLIGAL nace coa vocación de servir para dinamizar un cultivo que nos últimos corenta constatou unha presenza crecente en Galicia. Neste sentido, esta breve traxectoria leva implícita a necesidade de solucionar dúbidas relativas a todo o proceso vinculado coa oliva, desde a adecuación dos solos ata o procesado para a elaboración de aceite.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Neste sentido, a finalidade de PROLIGAL reside en facilitar a todas as súas persoas asociadas un marco común, colaborativo e aberto, de intercambio de coñecementos, procesos e produtos que favorezan a potencial consolidación dun cultivo con implicacións positivas en máis sectores produtivos de Galicia. Desde a manufactura de ferramentas e maquinaria, consultoría e asesoramento, traballo agrícola, manufactura da materia prima ou a posterior comercialización, esta nova iniciativa de dinamización quere contribuír ao desenvolvemento en moitos outros dos sectores socioeconómicos.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada