Leite

Constitúese hoxe a “Plataforma pola defensa do sector lácteo galego”

Os tres sindicatos agrarios reúnense hoxe con Anova. O SLG presenta unha denuncia ante o Valedor do Pobo polos “abusos da industria láctea”

Loading ad.
Ad could not be loaded.
06/07/2015 10:33 a.m.

Esta tarde botará a andar en Santiago de Compostela a “Plataforma pola defensa do sector lácteo galego”, na que as organizacións agrarias aspiran a a aglutinar a todas as organizacións do agro, cooperativas, partidos políticos e sociedade civil.

A acción máis inmediata da Plataforma, unha iniciativa que nos 80 protagonizou importantes mobilizacións en defensa do sector lácteo, será a manifestación en defensa do sector produtor que está convocada para o venres 17 de xullo e que se aspira a que sexa multitudinaria.

O acto de constitución da “Plataforma pola defensa do sector lácteo galego” será hoxe luns, 6 de xullo, ás 16.00 horas no edificio Cersia de Santiago de Compostela, cunha asemblea aberta na que botará a andar a iniciativa.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Antes deste acto, as tres organizacións agrarias galegas impulsoras da iniciativa -Sindicato Labrego Galego, Unións Agrarias e Xóvenes Agricultores- manterán esta mañá, unha xuntanza de traballo con Anova Irmandade Nacionalista, partido político que estará representado na reunión polo seu portavoz nacional, Xosé Manuel Beiras, e polo deputado Antón Sánchez García. A reunión prodúcese despois das mantidas a pasada semana con PPdeG, PSdeG-PSOE e BNG.

Tanto a Federación Rural Galega  (Fruga) como a Organización de Productores de Leche (OPL) xa anunciaron que se integrarán na plataforma.

Reunión mañá en Madrid no Ministerio

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A constitución da plataforma galega será a véspera da reunión que está prevista para mañá en Madrid entre a ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, coa Interprofesional Láctea (INLAC) e as organizacións agrarias para analizar a crise de prezos do leite que afecta aos produtores.

O Valedor do Pobo admite unha queixa do SLG polos "abusos da industria"

Por outra parte, o Valedor do Pobo vén de admitir a trámite unha queixa rexistrada polo Sindicato Labrego Galego na que se denuncia “a indefensión absoluta das 10.000 granxas leiteiras que aínda sobreviven na Galiza diante das prácticas abusivas da industria”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

No escrito presentado polo SLG exponse que, coa liberalización do sector trala fin do sistema de cotas “a industria está a beneficiarse do contexto para obrigar aos gandeiros e ás gandeiras a asinar contratos con prezos absolutamente miserables e que, lonxe de garantir o futuro do sector, abocan a boa parte deste á inviabilidade, co peche de explotacións que iso pode provocar. Os mecanismos de presión son, polo demais, obvios: o máis simple é non recoller o leite se non se aceptan as condicións impostas pola industria. (...) De resultas disto, consta que se está a pagar o litro de leite a prezos de 0,28 ou mesmo 0,26 euros. Mesmo nalgún caso, menos. Cumpriría, sen dúbida, que aumentasen as inspeccións de oficio”. O escrito foi presentado a finais de xuño.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada