Agricultura

Consellos para pasar a inspección de equipos fitosanitarios

Loading ad.
Ad could not be loaded.
01/02/2016 2:53 a.m.

O Real Decreto 1702/2011, establece a obriba para boa parte dos equipos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios de pasar unha inspección antes do 26 de novembro de 2016.

Puntos de control máis relevantes que se revisarán por parte das empresas privadas autorizadas para realizar a Inspección Técnica de Equipos de Aplicación de Fitosanitarios (ITEAF) son :

- Toma de forza (resgardos e proteccións).
- Estado do depósito e dispositivo de axitación.
- Estimación de parámetros da bomba en funcionamento.
- Boquillas e conducións.
- Elementos de control (manómetro/s).
- Controis de accionamento.
- Comprobación de todos os elementos de filtrantes.

Requisitos previos que se deben revisar para poder pasar a inspección: 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Desde a empresa Silman ITEAF ofrecen os seguintes consellos para pasar a inspección á primeira:

1. Acreditación de que a máquina a inspeccionar estea inscrita na súa censo oficial correspondente: Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA)

2. Limpeza interior da máquina, especialmente filtros e boquillas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

3. Limpeza exterior da máquina.

4. Os defectos e disfuncións detectados con anterioridade á inspección serán reparados previamente.

5. Comprobar que as boquillas non se atopen obstruídas nin desgastadas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

6. Comprobar o estado das mallas dos filtros.

7. Manómetros adecuados: divisións de 0,2 bar no intervalo de 0 a 5 bar (pulverizadores para cultivos baixos) e divisións de 1 bar en intervalo de 0
a 20 bar (pulverizadores para froiteiras).

8. Non se admitirán máquinas con fugas nos seus circuítos hidráulicos xa sexan de produto ou aceite.

9. O depósito atoparase cheo de auga nas tres cuartas partes da súa capacidade nominal.

10. Preferiblemente, a máquina estará accionada polo tractor co que traballa habitualmente.

11. O operador habitual da máquina estará presente na inspección.

12. Os resgardos da toma de forza e o seu eixe estarán debidamente protexidos. E o mesmo aplicarase ao resto de elementos móbiles do equipo.

Os equipos novos terán que inspeccionarse, polo menos unha vez, dentro dos 5 primeiros anos. A periodicidade desta inspección é de 5 anos, ata o 2020, para a maior parte dos equipos de aplicación.

[box style="0"]

Máis información
- Calendario de cursos para obter o carné de manipulador de fitosanitarios (5-II-2016)

[/box]

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada