Agricultura

Consellos para o coidado das froiteiras

Loading ad.
Ad could not be loaded.
18/04/2020 12:03 p.m.

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro informa no seu boletín fitosanitario desta semana das recomendacións para o coidado das froiteiras durante estes días.

Kiwi:

Segundo as previsións, a climatoloxía dos próximos días será moi húmida e con choivas. Esta situación incrementará, a priori, o risco de aparición de bacteoriose, nun momento (aparición de botóns florais) que é moi sensible e no que deberían estar as plantas protexidas.

Os produtos cúpricos, así como o Bacillus subtilis (CEPA QST 713) están autorizados, e ambos teñen efecto tamén fronte ao podre, que pode instalarse igualmente nas plantas daquelas zonas onde tivera caído pedrazo ou onde, de producirse ventos como anuncian algunhas previsións, haxa roturas de gromos e/ou follas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Maceiras:

[caption id="attachment_116202" align="aligncenter" width="660"] Primeiro síntomas de moteado nunha maceira. Foto: Estación de Areeiro[/caption]

Nesta semana os técnicos da Estación Fitopatolóxica de Areiro tampouco atoparon síntomas nas plantas das parcelas ás que acodiron, “pero sabemos que a elevada humidade relativa como a destes días é un dos factores favorables para a aparición do moteado”.

En todo caso, as temperaturas previstas tampouco son especialmente elevadas, e por iso o risco é só moderado. Por este motivo, se non se realiza un seguimento específico das plantas e estas son moi sensibles, no momento en que se poida convén aplicar un tratamento (sobre todo se non hai moita flor), procurando empregar un funxicida que non se lave coa choiva.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Froiteiras de óso:

[caption id="attachment_116181" align="aligncenter" width="600"] As choivas rexistradas favorecen a aparicion de sintomas de cribado. Foto: Estación de Areeiro[/caption]

Con estas precipitacións que se están a rexistrar poden ir aparecendo diferentes patoloxías que afecten ás follas (como o "cribado") ou que poidan afectar á viabilidade da froita (como a Monilia nas cereixas).

Haberá ademais maior risco naquelas zonas onde tivera caído (ou caia) pedrazo ou sarabia, polo que haberá que estar pendentes.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Patacas:

[caption id="attachment_116184" align="aligncenter" width="660"] Gromo terminal de patata necrosado a consecuencia do midiu. Foto: Estación de Areeiro[/caption]

Ademais dos importantes danos que están a producir caracois e lesmas, esta humidade permanente é favorable a aparición de fungos como o mildiu ou a botrite. Por este motivo haberá que renovar/realizar tratamentos con funxicidas sistémicos ou penetrantes rexistrados nos diferentes cultivos cando a climatoloxía o permita.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada