Viña

Consellos para evitar riscos laborais na vendima

Os labores da vendima presentan diversos riscos laborais que é necesario minimizar cumprindo unhas sinxelas medidas preventivas. Ofrecemos un resumo do material informativo do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA).

Loading ad.
Ad could not be loaded.
D. G. 01/09/2015 6:11 p.m.

Caídas do tractor ou do remolque:

-   Desprazarse no tractor ou no remolque resulta moi perigoso, debido ás irregularidades do terreo, pendentes da finca...etc. Poden producirse accidentes por xiro, caídas e golpes por aceleracións ou freadas bruscas.

Caídas a distinto nivel en viñedos en bancais:

-   Ter especial coidado nas zonas de viñedos en bancais, por exemplo na Ribeira Sacra. As caídas a distinto nivel poden provocar danos de consideración, tanto contra o chan coma contra os arames de suxeición das viñas e contra os postes ou estacas.

Vendima de parras:

-   Se necesita acceder a puntos altos traballando en parra é preferible usar plataformas estables ás escaleiras de tesoira, caixas, pacas, etc.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-   Nunca use as escaleiras de tesoira pechadas. Asegurarse que dispón de dispositivo de seguridade antiapertura.

[caption id="attachment_14081" align="alignleft" width="300"] Vendima dunha parra utlizando unha plataforma. Autor: FdV[/caption]

-   Non intente mover a escaleira subido nela: baixe e mova a escaleira as veces que faga falta para evitar traballar desprazado lateralmente e aumentar o risco de caída.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-   Se traballa con plataformas ou escaleiras, teña en conta que aínda con zapatas longas sempre hai risco de afundimento.

-   En terreo natural é moi difícil que asenten ben todos os puntos de apoio será inestable.

Cortes por tesoiras ou ferramentas de corte:

-   O acio collerase pola base no momento do corte. Nunca se collerá polo rabo, xa que isto multiplica o risco de corte nos dedos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-   Cada traballador e traballadora comprobará o bo estado das ferramentas antes de usalas, inspeccionando coidadosamente os mangos, fíos cortantes.

-   Evitar que o mango estea impregnado de substancias que o fagan escorregadizo.

-   As ferramentas deben contar cunha boa suxeición para que o traballador ou traballadora non faga esforzos indebidos, deben ser tesoiras ergonómicas adaptados á forma da man.

-   Non levar as ferramentas nos petos.

-   Empregar luvas de látex resistentes.

Pisadas sobre obxectos punzantes ou cortantes:

-   Recoméndase non deixar os útiles de traballo esquecidos na zona de traballo. Deixalos sempre nun mesmo lugar, colaborando en manter a orde na zona de traballo.

Accidentes oculares por golpes ou picadas das vides:

-   A aproximación da cara e ollos ás cepas pode dar lugar a picadas das vides. Aconséllase o uso de protección ocular.

Fatiga postural e sobreesforzos:

-   Manipular as caixas ou cestas da vendima polas zonas de agarre que teñan, non as coller doutro xeito.

-   Para levantalas do chan: separar os pés ata conseguir unha posición estable, dobrar os xeonllos, achegar o obxecto o máximo ao corpo, levantar o peso gradualmente e sen sacudidas, non xirar o tronco mentres se levante a caixa, cesta... .

Non sobrecargar as caixas, o peso máximo que se recomenda que levante unha persoa soa é de 25 kg.

-   Transportar a carga á altura da cadeira e o máis preto do tronco. Se o transporte se fai cun só brazo evitar as inclinacións laterais.

-   Non xirar as costas mentres se descargan as caixas. Depositalas, non tiralas.

[caption id="attachment_14085" align="alignleft" width="300"] Maneira correcta de vendimar: coa man por debaixo do acio.[/caption]

-   Ordenar as caixas cheas de maneira que estean fóra das zonas de paso.

-   Colocalas de maneira que a carga non se veña enriba e non esvare.

-   Formarase e informarase o persoal traballador sobre a manipulación de cargas, sobre o manexo correcto das ferramentas e sobre as posturas de seguridade do lombo cando se fagan estas tarefas de vendima que implican adoptar a mesma postura para facer o traballo.

-   Intentar traballar a unha altura correcta mantendo as costas ergueitas, evitando as posturas incómodas e forzadas.

-   Sempre que sexa posible, substituír os traballos que impliquen facer moito esforzo físico por sistemas automáticos.

-   Vendimar a un ritmo de traballo constante adaptado ás condicións individuais, para ter controlada a situación en todo momento.

-   Facer descansos curtos e frecuentes cando se fagan traballos que impliquen adoptar posturas forzadas durante moito tempo como estar agachado ou traballos en altura, segundo a altura das cepas que se estean a vendimar.

Riscos biolóxicos:

-   A través das feridas, cortes...etc, por contacto con materiais ou substancias contaminadas con restos de produtos fitosanitarios pódense contraer enfermidades.

-   Por iso, toda ferida producida durante o traballo ha de ser limpada con abundante auga e xabón e ha de ser curada. Calquera traballador agrícola ten un risco potencial de padecer tétanos, polo que debe vacinarse.

Picaduras de insectos:

-   As picaduras de avespas e abellas poden ser graves, sobre todo en persoas alérxicas ao veleno destes insectos. Recoméndase evitar roupas de cores vivas xa que poden atraer avespas e abellas.

-   Deberíase dispoñer dun botiquín de primeiros auxilios cos elementos necesarios para realizar as curas e con medicación antialérxica para o tratamento das reaccións alérxicas.

Riscos de caídas asociadas aos labores de carga e descarga de cestas de vendima:

-   Dispoñer de escaleiras con chanzos e reixa metálica para efectuar a descarga de cestos de xeito cómodo e seguro. Dotar aos remolques de vendima de asas cómodas e suficientes.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada