Agricultura

A Consellería espera aprobar este ano o Plan Estratéxico da Agricultura Ecolóxica

Loading ad.
Ad could not be loaded.
28/01/2017 8:59 p.m.

A Consellería do Medio Rural vai iniciar a redacción do Plan Estratéxico da Agricultura Ecolóxica de Galicia, co obxectivo de poñer en valor e avaliar as accións a desenvolver que axuden a potenciar este tipo de producións.

Así o anunciou este venres a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, na inauguración en Monforte de Lemos da xornada de comercialización de produtos ecolóxicos, organizada polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega).

“Trátase dun proxecto solicitado polo propio sector que conta co respaldo da Xunta e co compromiso de levalo a cabo ao longo deste ano 2017”, sinalan dende a Consellería.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Polo demais, Belén do Campo destacou o peso que está cobrando este sistema de produción, e en concreto entre o sector lácteo galego, que a día de hoxe conta con 79 granxas ecolóxicas certificadas, das cales 37 xa venden o leite e as outras 42 están en proceso de conversión.

A directora xeral explicou que “as mellores estratexias para que os produtores se afiancen no mercado son adherirse a unha denominación de orixe ou apostar pola agricultura ecolóxica, tal e como están a facer as explotacións de leite que ven como o prezo pagado por litro ronda os 0,50 euros”.

O sector da agricultura ecolóxica acumula un importante crecemento en Galicia. Así, no ano 2015 -os últimos datos dispoñibles- alcanzou un total de 20.300 hectáreas e unha facturación de máis de 33 millóns de euros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada