Agricultura

Consellería do Medio Rural: “Os carnets que se fixeron online en León son totalmente válidos”

Nagar Servicios Ambientales S.L. con sede en Oza dos Ríos (A Coruña), é a única empresa autorizada en Galicia para impartir os cursos de fitosanitarios de nivel cualificado na modalidade online

Loading ad.
Ad could not be loaded.
02/05/2016 9:15 a.m.

Tras a decisión da Junta de Castela e León de suprimir os cursos do carné de fitonanitarios na modalidade online, debido ás irregularidades detectadas por unha investigación do Seprona, son centos os cidadáns galegos os que se preguntan se o seu carné será válido.

Neste sentido, desde a Consellería do Medio Rural aseguran que “entendemos que os cidadáns galegos que teñan feitos os cursos ata agora non teñen problema, posto que a resolución emitida -pola Junta de Castilla y León- non di nada que teña efecto retroactivo”. “Por tanto -conclúen-, os seus carnés son totalmente válidos”.

Desde a Xunta de Galicia subliñan que “o problema non son os cursos on-line senón as irregularidades ou ilegalidades que poidan cometer certas empresas amparándose neste tipo de formación”. A este respecto, desde o departamento que dirixe Ángeles Vázquez recordan que “na nosa comunidade autónoma hai entidades recentemente autorizadas para dar formación on-line, xa que ata finais do ano 2015 ningunha entidade solicitara impartir formación en liña en Galicia”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Primeira empresa galega autorizada para impartir os cursos online para o carné cualificado

En concreto, trátase da empresa Nagar Servicios Ambientales, con sede en Oza dos Ríos (A Coruña) e empresa colaboradora da Consellería do Medio Rural en materia de capacitación agraria e transferencia tecnolóxica con número ECMR_041/13.

A súa representante, María Naveira, destaca en declaracións a Campo Galego que “a nosa entidade, dedicada á enxeñería agrícola, forestal e ambiental, está autorizada desde hai anos para impartir de forma presencial os cursos de nivel básico de fitosanitarios, e actualmente somos a única empresa autorizada en Galicia para impartir o de nivel cualificado na modalidade online”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Xunto a esta empresa tamén foi autorizado o sindicato Unións Agrarias para impartir, como entidade colaboradora, a formación online para os cursos de fitosanitarios. Ademais, a Consellería do Medio Rural ten prevista a inmediata posta en marcha dunha plataforma para posibilitar a renovación online dos carnés antigos.

[box style="0"]

Máis información:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-As claves sobre o carné de fitosanitarios: quen ten que sacalo e oferta

[/box]

 

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada