Forestal

Conferencia o próximo martes en Lugo sobre o modelo forestal de Chile

22/09/2018 11:47 a.m.

O vindeiro martes, 25 de setembro, celebrarase no Campus Terra de Lugo unha conferencia sobre “El modelo forestal en Chile: ¿Copiar y pegar?, una visión general y desafíos actuales". Será impartida por Óscar Thiers Espinoza, profesor do Instituto de Bosques y Sociedad-IBOS da Universidad Austral de Chile-UACh.

O acto terá lugar ás 11:00 horas na Sala de Xuntas (Edificio Central, 1º andar). Na actualidade o profesor Óscar Thiers Espinoza atópase nunha estancia de investigación na EPSE de dous meses de duración e que rematará no mes de outubro cunha bolsa do programa “Becas Iberoamérica, Jóvenes profesores e investigadores. Santander Universidades”.

Foi invitado polo profesor Roque Rodríguez Soalleiro e vai realizar traballos sobre rendemento forestal en masas de Pseudotsuga menziessi en Valdivia (Chile) e estimacións da captura e almacenamento de carbono en biomasa aérea e no solo.

Etiquetado
Ir a la portada