Desenvolvemento rural

Condicionalidade reforzada da PAC, estes serán os requisitos ambientais para cobrar as axudas

O novo periodo da PAC, que se iniciará no 2023, elevará o listón das boas prácticas agrarias que deben cumprir as explotacións para percibir os apoios europeos. Repasamos as liñas da normativa que se aveciña

Campo Galego 12/11/2020 12:41 p.m.

A nova PAC virá marcada por unha arquitectura verde que fixa maiores obxectivos ambientais e de loita contra o cambio climático. A base da arquitectura verde da PAC será unha condicionalidade reforzada, que ós requisitos da actual condicionalidade suma ós do pago verde (greening) e outros novos. Todos estes requisitos serán obrigatorios a partir do 2023 para percibir as axudas europeas. De non cumprilos, o produtor exporase a penalizacións económicas.

A maiores da condicionalidade reforzada, cada país deseñará compromisos adicionais en materia ambiental para abonarlle pagos adicionais ás explotacións. Serán os pagos agroambientais e os chamados ecoesquemas, que en España xa contan cun primeiro borrador, sobre o que o sector fixo alegacións e propostas.

Normas da condicionalidade reforzada
Repasamos a continuación os requisitos xerais de boas prácticas ambientais e agrarias, así como os requisitos legais de xestión, que terán que seguir as explotacións para cumprir coa condicionalidade reforzada. Esta condicionalide reforzada esixiráselle a tódalas explotacións, incluídas as que agora estaban exentas por figurar no réxime de pequenos agricultores.

A norma concretarase no primeiro semestre do 2021, cando estarán listos os regulamentos europeos da nova PAC e o Plan Estratéxico Nacional de España, agora en fase de negociación e elaboración. Unha das cuestións pendentes de definir é a normativa de condicionalidade referida ó uso de puríns, que tamén dependerá das esixencias do futuro decreto de nutrición sostible dos cultivos.

[box style=”0”]

Requisitos legais de xestión

Xunto cos compromisos de boas prácticas, a condicionalidade reforzada establece unha serie de requisitos legais de xestión. Entre eles, figuran os seguintes:

- Evitar a contaminación das augas por nitratos. As explotacións deberán contar cun caderno no que anoten para cada finca as datas de aplicación de fertilizantes e abonos orgánicos, así como as cantidades.

- Uso sostible de praguicidas. Verificarase que o produtor cumpre coa obriga de inspección de equipos de aplicación de fitosanitarios e que conta co carné pertinente de aplicador.

- Benestar dos animais. Establécense unha serie de directrices para garantir o benestar de xatos de recría e do resto de animais das granxas.

- Normas para garantir a seguridade alimentaria dos produtos destinados a alimentación animal e humana.

- Conservación de aves: non abandonar residuos como plásticos, cordas ou aceites nos terreos da explotación.

[/box]

Etiquetado
Ir a la portada