Desenvolvemento rural

Concentración este mércores en Santiago pola falta de axudas para as granxas en ecolóxico

Campo Galego 20/12/2022 1:53 p.m.

Produtoras e produtores en ecolóxico e de zonas desfavorecidas, afectadas pola xestión de fondos públicos da Consellaría do Medio Rural, concentraranse ás 13.00h de mañá, mércores 21 de decembro, diante do Parlamento Galego en Santiago de Compostela, convocadas polo Sindicato Labrego Galego. Esta acción busca esixir medidas ante a exclusión por parte da Consellería do Medio Rural das axudas para  ecolóxico a unha parte importante das ganderías solicitantes. 

A secretaria xeral do SLG-CCLL e gandeira, Isabel Vilalba, denuncia que "as deficiencias na xestión destas axudas están impedindo o desenvolvemento dun dos sectores considerado crucial polas institucións a nivel europeo e estatal para garantir unha alimentación sa e de calidade, así como o coidado do noso medioambiente”. 

O calendario de mobilizacións comezou cunha concentración o pasado venres en Lugo. 

Cartel da concentración:

[caption id="attachment_188267" align="alignright" width="660"] Cartel coa proclama da concentración. Fonte: Sindicato Labrego Galego.[/caption]

Etiquetado
Ir a la portada