A continuación, o acto trasladouse á casa consistorial de Vegadeo, dado que no proxecto participan concellos galegos e asturianos das dúas beiras do río Eo que buscan fomentar a recuperación da raza autóctona porcina e a súa cría en extensivo como xeito de control da maleza nos montes.
A iniciativa está dotada con máis de 500.000 euros dentro da convocatoria para proxectos de innovación do Ministerio de Agricultura
Loading ad.Ad could not be loaded.
O proxecto está dotado con máis de 500.000 euros, destinados á execución de estudos innovadores no manexo das razas porcinas do tronco celta en extensivo, mediante o uso de sistemas automatizados e dixitalizados, pretendendo contribuir á recuperación e mantemento destas razas, así como á limpeza forestal dos montes a través dun sistema alternativo que permita controlar o gando en liberdade.
Fomento da cría de porco celta en Concellos das dúas marxes do río Eo
O Grupo Operativo FORESCELTA, de ámbito suprarrexional, está liderado pola Asociación para el Desarrollo del Territorio Interregional ubicado en el entorno del río Eo (INTEREO) e inclúe como membros á Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), ao Servicio Regional de Investigación y Desarrollo Agroalimentario de Asturias (SERIDA), á Fundación Centro Tecnológico da Carne (CTC), á Asociación de criadores de Gochu Asturcelta (AGCA), á Asociación de criadores da raza porcina Celta (ASOPORCEL), á Asociación de Propietarios Forestales do Occidente de Asturias (ASFOROCAS) e ao Monte Veciñal en Man Común do Carballo, en Friol.
O coordinador científico do proxecto é o investigador do AGACAL Javier Silva
Ao acto asistiron o director da área de agricultura e pesca da Delegación do Goberno central en Asturias, Enrique Rodríguez Nuño, o alcalde do Concello de Ribeira de Piquín e responsable da área de Recursos Sostibles da Deputación Provincial, Roberto Fernández Rico, representantes do grupo operativo FORESCELTA (InterEo, AGACAL, CTC, ASOPORCEL, ASFOROCAS, ACGA e SERIDA) e propietarios das parcelas de Ribeira de Piquín onde se vai levar a cabo o proxecto.