Leite

Comunicado de Carrefour sobre o acordo cos gandeiros galegos

Reproducimos a continuación o comunicado remitido por Carrefour sobre o acordo alcanzado a pasada tarde cos gandeiros da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego

Loading ad.
Ad could not be loaded.
22/12/2015 11:13 a.m.

Reproducimos a continuación o comunicado remitido por Carrefour sobre o acordo alcanzado a pasada tarde cos gandeiros da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego

[box style="0"]

Plan de acción de Carrefour para apoiar a sustentabilidade do sector lácteo galego

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Entre as principais medidas a empresa de distribución consegue trasladar melloras aos gandeiros de ata 2 céntimos por litro, desenvolverá unha marca exclusiva de orixe Galicia e potenciará accións de valorización do produto lácteo nos seus centros

Madrid, 21 de decembro de 2015.- Centros Comerciais Carrefour poñerá en marcha un plan de acción orientado ao apoio do sector lácteo en Galicia. As medidas aprobáronse nun encontro que a empresa de distribución mantivo hoxe con  produtores galegos na Coruña como apoio á sustentabilidade do sector lácteo galego.

Entre as principais iniciativas, a compañía revisará os procesos internos das súas referencias de leites exclusivos Carrefour con obxecto de trasladar melloras aos seus fabricantes, quen se comprometerá a repercutir estas melloras aos gandeiros, en virtude do acordo para a estabilidade e sustentabilidade do sector lácteo asinado en Madrid o 23 de setembro. Estas cifras poden supoñer ata 2 céntimos por litro de leite.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Igualmente, a compañía aprobou o desenvolvemento dunha marca exclusiva orixe Galicia, con posibilidade de comercialización en todos os seus centros a nivel nacional.

Carrefour, empresa comprometida coa sustentabilidade do sector lácteo nacional traballa con presenza nas súas tendas de marcas lácteas de ámbito e orixe nacional, rexional e local de todas as comunidades autónomas. Os produtos lácteos marca Carrefour son 100%  orixe nacional, máis do 90%  dos mesmos son de orixe galega, establecendo contratos estables cos seus fabricantes.
A compañía sempre participou nos distintos convenios e acordos subscritos baixo o amparo das administracións públicas, para a mellora da cadea de subministración destes produtos e a súa sustentabilidade.

Ademais Carrefour seguirá desenvolvendo accións de promoción de produtos lácteos galegos nos seus establecementos e a valorizar no punto de venda o leite, tal e como vén realizando en toda a súa rede de hipermercados e supermercados. A compañía traballa de forma continuada para contribuír a un marco estable e sustentable para o sector.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[/box]

 

Máis información sobre o acordo nesta ligazón.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada