Desenvolvemento rural

Comunicación, redes sociais e risoterapia nun obradoiro online dirixido a mulleres

O programa gratuíto, que se pode seguir de xeito virtual, comeza o día 16 de setembro e continúa os tres xoves seguintes. A inscrición pode realizarse en www.agaca.coop

Campo Galego 09/09/2021 8:47 a.m.

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) continúa en 2021 as accións encamiñadas ao apoderamento da muller cun obradoiro gratuíto de catro sesións, que se celebrará en liña en horario de 10:00 a 14:00 horas durante os vindeiros xoves. 

A primeira sesión, o 16 de setembro, céntrase en cooperativismo e en Nós, As Mulleres, a Asociación Galega de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias.

A sesión do 23 abordará cuestión relacionadas con Comunicación, tema que continúa na sesión do día 30, que se centrará en manexo básico de redes sociais. Pablo López, da consultoría Implicatum, falará sobre comunicación e Danie Diéguez, da cooperativa Apoio, sobre redes sociais.

O programa conclúe 7 de outubro coa temática da automotivación, que se desenvolverá mediante unha sesión de risoterapia a cargo de Irene Megina, da Escuela de Risoterapia de Madrid.

As persoas interesadas poden matricularse en www.agaca.coop ou, para más información, chamar ao 981584783.

AGACA organiza este obradoiro Apoderamento das mulleres socias de cooperativas, que se enmarca no programa de actuación 2021 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Etiquetado
Ir a la portada