[caption id="attachment_69110" align="alignright" width="255"]
A mellora das calidades do leite é un factor clave de rendibilidade para as granxas. Para axudar ás ganderías a acadar os niveis de graxa e proteína requeridos polas industrias, nace Complet G-P, un penso complementario que se testou con éxito no último ano en 46 explotacións lácteas galegas, tanto intensivas como en pastoreo.
O Complet G-P é un penso elaborado con materias primas naturais de primeira calidade que destacan tanto polo tipo como polo índice de dixestibilidade de fibra. O produto está deseñado como un complemento da ración diaria en aplicación continuada, ó longo de todo o ciclo de lactación. Recoméndase una dosificación de 0,5 Kg. de Complet G-P por vaca e día, engadíndollo a maiores á ración habitual. A tal fin, o Complet G-P presentase nun formato especialmente manexable, granulado e ensacado, o cal facilita a súa correcta dosificación.
Os ensaios realizados en diversas granxas de Galicia durante o segundo semestre do 2017 confirman os bos resultados do complemento. O Complet G-P evitou as tradicionais baixadas de calidade en situacións de estrés por calor e, no caso das ganderías en pastoreo, contribuíu a un maior equilibrio estacional da graxa, das calidades do leite e do estado xeral da cabaña.
Explotación estabulada con carro | ||||
---|---|---|---|---|
Ración con Piensos del Sil, sen Complet G-P 34 litros / vaca / día |
Mes | Graxa | Proteína | Extracto seco |
Xaneiro 2017 |
4,22 | 3,47 | 9,01 | |
Febreiro 2017 |
4,17 | 3,46 | 9,00 | |
Marzo 2017 |
4,03 | 3,38 | 8,93 | |
Abril 2017 |
4,06 | 3,35 | 8,85 | |
Maio 2017 |
4,08 | 3,39 | 8,86 | |
Xuño 2017 |
4,05 | 3,39 | 8,85 | |
Ración con Piensos del Sil + Complet G-P Loading ad.
Ad could not be loaded.
34,5 litros / vaca / día |
Xullo 2017 |
4,08 | 3,44 | 8,87 |
Agosto 2017 |
4,14 | 3,49 | 8,93 | |
Setembro 2017 |
4,32 | 3,56 | 8,96 | |
Outubro 2017 |
4,36 | 3,55 | 9,02 | |
Novembro 2017 |
4,51 | 3,63 | 9,08 | |
Decembro 2017 |
4,52 | 3,68 | 9,13 | |
MEDIAS ANUAIS | 4,21 | 3,48 | 8,96 |
De media, este produto especializado, elaborado por Piensos del Sil, logrou melloras de 2,5 décimas en proteína e de 4 décimas en graxa, comparando o periodo de uso do complemento (xullo-decembro do 2017) cos seis meses anteriores (xaneiro-xuño), nos que non se utilizou o Complet G-P.
Os aumentos de calidade demostráronse ademais rendibles economicamente para as ganderías, pois por cada euro investido no Complet G-P, ingresáronse entre 2,5 e 4,5 euros a maiores, dependendo do prezo por calidades abonado pola correspondente industria e da produción de cada gandería.
Estabilidade das calidades
Complet G-P deseñouse co obxectivo de manter a estabilidade das calidades do leite no medio-longo prazo e tamén procurou outros efectos positivos no rendemento do animal, na súa fertilidade, estado sanitario e, posiblemente, de lonxevidade produtiva.
O Complet G-P é o primeiro lanzamento dunha serie de propostas nutricionais que, baixo o epígrafe Especialidades, esta empresa galega lanzará ó longo dos próximos meses.