Axudas

Compensacións por sacrificios obrigatorios de gando

Campo Galego 13/01/2017 9:33 a.m.

A Consellería do Medio Rural publicou a orde pola que se regulan as compensacións por sacrificio de animais no marco dos programas sanitarios oficiais de vixilancia e erradicación de determinadas enfermidades. A orde establece as cuantías das axudas para reposición, así como os cálculos que se aplicarán para pagar o lucro cesante no caso de granxas sometidas a baleiro sanitario.

Poderán acceder a estas axudas tanto titulares de explotacións bovinas como de ovino e caprino. As axudas para reposición serán dun máximo de 1.500 euros por animal adquirido da especie bovina e de 50 euros por animal de gando ovino ou caprino. Estos importes serán incrementados nun 10% se a explotación pertencía a unha Asociación de Defensa Sanitaria.

As cuantías máximas totales a percibir serán de 12.000 euros, que se ampliarán a 20.000 nas granxas sometidas a un baleiro sanitario.

No caso de que haxa que sacrificar á totalidade do gando da explotación e facer un baleiro sanitario, o produtor terá dereito ó cobro dun lucro cesante.

Etiquetado
Ir a la portada