Agricultura

¿Como saber se unha parcela está na zona de vixilancia da couza da pataca?

Loading ad.
Ad could not be loaded.
15/03/2017 5:34 p.m.

A empresa Proyestegal SL ven de facer público un visor xeográfico que permite identificar as parcelas que se atopan encadradas dentro da zona tampón da couza guatemalteca da pataca, unha zona fixada hai uns días pola Xunta de Galicia.

En concreto, a ferramenta permite ver se a parcela está na franxa ou zona tampón na que a Xunta extremará tamén as medidas para evitar que se propague a couza guatemalteca, abarcará cinco quilómetros ao redor do límite dos concellos con praga e afectará a Pontedeume, Monfero, Xermade, Muras, Vilalba, Cospeito, Castro de Rei, Pol, Meira, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, As Somozas, Moeche, Cerdido, Cedeira e Cariño. En cinco destes concellos, os das Somozas, Moeche, Cerdido, Cedeira e Cariño, ao abranguer esta franxa o 95 % da súa superficie, establécese como zona tampón todo o territorio.

Nestes cinco concellos deberán aplicarse as medidas de vixilancia intensiva previstas no real decreto estatal e establécese a obriga da comunicación á Consellería do Medio Rural, inmediatamente despois da sementeira, de todas as parcelas plantadas nestas zonas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O visor pódese consultar dende este enlace:
http://proyestegal.com/couza/

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada