Leite

¿Como medir e coñecer o valor fertilizante do xurro?

María Isabel García Pomar, investigadora do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Ciam) explica como poden os gandeiros coñecer o valor fertilizante do xurro das súas ganderías en Nitróxeno, Fósforo e Potasio.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
22/03/2017 11:14 a.m.

O xurro do gando constitúe un fertilizante económico e de gran valor para a fertilización dos cultivos forraxeiros, principalmente millo forraxeiro e herba.

Para poder realizar unha fertilización racional e respectuosa co medio é preciso coñecer tres datos básicos: unha analítica de solos que indique o nivel de macronutrientes (N,P,K) e micronutrientes da parcela, así como o seu pH; saber as extraccións de nutrientes que van realizar os cultivos que imos sementar; e aportar as doses fertilizantes que se necesiten, preferentemente mediante abonos orgánicos (xurros e estercos) e, de non ser suficientes, con fertilizantes de síntese.

Pero un paso moi recomendable para fertilizar de xeito eficaz cos xurros do gando é coñecer o seu valor fertilizante mediante unha análise dos mesmos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Neste sentido, María Isabel García Pomar, investigadora do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Ciam) explicou nunhas xornadas organizas recentemente por Basf en Lugo cales son as recomendacións básicas para sacar as mostras de xurro e como son os procesos para calcular o seu valor fertilizante.

1) Toma de mostras para envío ao laboratorio ou para medir a densidade e/ou condutividade

¿Como se deben coller as mostras de xurro?

-¿Cando se debe coller a mostra? A mostra débese tomar cando a fosa estea chea.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-¿Como se debe facer? Remexer ben previamente e coller a mostra dende a cisterna ou dende a fosa.

-¿Canta cantidade se debe enviar ao laboratorio para unha análise? Medio litro.

- Débese enviar o antes posible ao laboratorio, e no caso de que o envío non sexa inmediato, colocar a mostra nun lugar fresco e non deixar pasar máis de 2-3 días.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

2) Estimacións dos nutrientes do xurro en función da densidade (kg/l)

Medir a densidade do xurro mediante un densímetro é un procedemento sinxelo, barato e rápido para estimar o valor fertilizante dese xurro.

Para iso, débense seguir os seguintes pasos:

- Introducir a mostra de xurro nun recipiente suficientemente profundo.

- Remexer o xurro.

- Introducir o densímetro.

- Esperar 5 minutos.

- Proceder á lectura.

- Comprobar que o densímetro non tocou fondo.

Unha vez coñecida a densidade pódese estimar a cantidade de nitróxeno fósforo e potasio que contén. Abonda con cruzar o dato que dá o densímetro cos valores fertilizantes desta táboa elaborada polo Ciam:

[caption id="attachment_41608" align="aligncenter" width="973"] Autor: Ciam-Ingacal. (*) Deberase contabilizar o xurro aplicado nos últimos 6 meses.[/caption]

3 )Estimacións dos nutrientes do xurro en función da condutividade (mS/cm) e da densidade (kg/l)

Outro sistema de medir o valor fertilizante dun xurro é mediante a medida conxunta da densidade e a condutividade, deste xeito podemos facer unha estimación moito máis certeira do valor en nutrientes dun xurro.

Para elo séguense os seguintes pasos:

-Tómase unha mostra de 100 ml de xurro da cisterna ou da fosa.

-Introdúcese nunha probeta de 1000 ml.

-Énchese con auga ata os 1000 ml, facendo unha dilución 1:10 (unha parte de xurro e nove partes de auga) .

-Reméxese.

-Introdúcese o electrodo do condutímetro no xurro diluído (previa calibración), e procédese á lectura

Unha vez medidas a densidade e a condutividade, abonda con cruzar os dous datos anteriores nas seguintes táboas elaboradas por investigadores do Ciam:

¿Cal é a composición química media dos xurros das ganderías de vacún de leite de Galicia?

A partir de 321 análises de xurro realizadas no Ciam entre 2005 e 2011 obtívose a seguinte composición química media:

% de materia seca 7,42
% de nitróxeno total (en % sobre MS) 3,81
% de fósforo total (en % sobre MS) 0,78
% de potasio total (en % sobre MS) 3,72
Kilogramos de N por 1000 kg de xurro 3,02
Kilogramos de P205 por 1000 kg de xurro 1,42
Kilogramos de K20 por 1000 kg de xurro 3,54

[box style="0"]

Desta forma, uns 10000 kg (~10 m3) de xurro, unha cisterna media, equivalen a:

-125 kg de abono complexo 12-12-24 máis 33 Kg de urea 46%.

[/box]

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada