Agricultura

Como deben almacenarse e transportarse os produtos fitosanitarios?

Loading ad.
Ad could not be loaded.
09/11/2015 12:18 a.m.

O próximo 25 de novembro entra en vigor o Real Decreto 1311/2012 de uso sustentable de produtos fitosanitarios que tamén establece unhas normas claras no relativo ao almacenamento e transporte polos usuarios deste tipo de produtos.

En concreto, no relativo ao transporte de produtos fitosanitarios, o artigo 38 establece que:

O transporte de produtos fitosanitarios realizarase de xeito que non se poidan producir vertidos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Os envases transportaranse pechados, colocados verticalmente e con apertura cara á parte superior.

Sempre que existan vías alternativas próximas, evitarase atravesar canles de auga co equipo de tratamento cargado coa mestura do produto fitosanitario.

E en canto á almacenaxe por parte dos usuarios, o artigo 40 do Real Decreto 1311/2012 establece que:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Os produtos para uso profesional gardaranse en armarios ou cuartos ventilados con pechadura para controlar o acceso a eles.

-Estarán separados por parede de obra de calquera local habitado e disporán de suficiente ventilación, natural ou forzada, con saída ao exterior.

- Non estarán situados nas proximidades das masas de auga superficiais ou dos pozos de extracción de auga. Tampouco se poderán situar en áreas inundables.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- Disporán de medios adecuados para recoller derrames accidentais.

- Disporán dun contenedor acondicionado cunha bolsa de plástico para illar os envases danados, envases baleiros, os restos de produto e os restos de calquera vertido accidental que se producira ata a súa entrega ao xestor autorizado de residuos.

- Os consellos de seguridade, os procedementos en caso de emerxencia e os teléfonos de emerxencia estarán á vista.

- Os armarios estarán situados en zonas libres de humidades e protexidos das temperaturas extremas. Deben estar illados do resto de enseres do almacén, especialmente do material vexetal e dos produtos para consumo humano ou animal.

-Os produtos deben gardarse pechados, en posición vertical con peche cara a arriba e coa etiqueta orixinal íntegra e lexible. O produto sobrante debe gardarse no seu envase orixinal e pechado.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada