Axenda

¿Como aumentar a rendibilidade das ganderías de leite mediante a mellora xenética?

25/09/2016 11:16 a.m.

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) organiza o vindeiro 19 de outubro un seminario práctico sobre “Incremento da rendibilidade das explotacións leiteiras mediante a mellora xenética”.

O seminario é gratuíto e conta con 20 prazas que se cubrirán por orde de inscrición. Esta acción divulgativa está dirixida a agricultores e gandeiros do agro rural que actualmente traballen en explotacións de leite ou que potencialmente poidan chegar a traballar en explotacións gandeiras de leite. O seminario impartirase no CIAM.

Programa:
10:00 - Presentación e proposta de obxectivos
10:15 - Introdución á mellora xenética: os valores xenéticos, os índices xenéticos, bases de referencia.
11:00 – Conceptos críticos: Fiabilidade das probas, heredabilidade dos caracteres, consanguinidade dos apareamentos
11:45 - Pausa café
12:15 – A selección de reprodutoras na gandería e dos sementais para inseminación artificial. Obxecivos de selección
13:00 – Interpretación de catálogos. Probas internacionais
14:00 - Comida (Por conta dos asistentes).
16:00 – Probas xenómicas frente á selección convencional
17:00 – Os apareamentos. Programas informáticos de axuda
18:00 – Pausa café
18:30 – Fontes de información.
19:30 – Conclusións

Profesorado:
- AFRICOR Lugo: Ramiro Fouz Dopacio (Director Xerente)
- XENÉTICA FONTAO: Alejandro Fernández Fernández (Xefe de Área de Selección e Mellora Xenética)
- CIAM: Manuel López Luaces (Director)

As solicitudes pódense descargar da páxina web www.ciam.gal e deberanse remitir por correo electrónico: ciam@ciam.es ou por fax (881 881 800).

Descarga aquí o díptico.

Descarga aquí a solicitude de inscrición.

Etiquetado
Ir a la portada