Leite

¿Como aproveitar mellor o xurro sen prexudicar ao medioambiente?

Juan Castro Ínsua, investigador do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), explica cales son as claves para aproveitar mellor o xurro como fertilizante, respectando o medioambiente e reducindo custos

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Juan Castro Ínsua 10/03/2020 1:14 p.m.

As explotacións ligadas a terra, son o mellor exemplo de economía circular en canto terían a posibilidade “ideal” de ser autosuficientes, tanto na alimentación do gando, aproveitando os pastos e forraxes, como no abonado, reciclando a maioría dos nutrientes extraidos polas colleitas medianta as excretas directas do gando no pasto ou mediante a súa reposición polo home, en forma de esterco ou xurro.

Segundo os últimos datos publicados polo Ministerio de Agricultura sobre o balance de nitróxeno e fósforo da Agricultura española, en Galicia no ano 2016, calcúlase que había un exceso de abonado de 59 e 89 kg de N e P2O5 por hectárea, respectivamente, nas 283.467 ha de terras adicadas a cultivos forraxeiros. Isto significa que se podería prescindir dunhas doses medias de 60 e 36 kg de N e de P2O5/ha respectivamente que se viñan aplicando como abono mineral, o que podería representar un aforro anual de 28,3 millóns de euros (mais de 3500 euros/ano por cada unha das 8000 gandarías de leite galegas que había nesa data).

Balances de N e P das explotacións de leite galegas

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Entre os distintos obxetivos do proxecto realizado entre o LIGAL a cooperativa UGASMA e o CIAM FEADER2017-022B E avaliáronse os balances de nutrientes en 50 granxas comerciais representativas dos diferentes sistemas de produción de Galicia, segundo o sistema de alimentación predominante, referidos á realización ou non de pastoreo durante parte do ano polas vacas en lactación e ao tipo de ensilado predominante na dieta (informe final proxecto FEADER2017-022B E).

A media xeral dos balances deu un exceso de 176 e 86 kg/ha e ano para o Nitroxeno e o Fósforo respectivamente.

O Nitróxeno non aproveitado polas plantas perderase no ambiente, ben sexa por lixiviación, arrastre ou evaporación (NH3), mentres que o fósforo irase acumulando no solo, podendo chegar a saturarse

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Á vista dos datos dos balances, pódese concluir que en xeral a maioría das explotacións galegas poderían chegar a ser autosuficientes en abonado utilizando só o abono orgánico, sobre todo as granxas máis intensivas (as que non fan pastoreo), o que suporía un gran aforro económico e unha mellora da calidade das augas, solos e atmosfera.

Figura 1: Balance de Nitróxeno segundo as tipoloxías de alimentación

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Figura 2: Balance de fósforo (P2O5) segun tipoloxiás de alimentació

Lenda:

Alimentos do gando Fertilizantes Leite Carne

Análise de solos:

As conclusións derivadas dos balances se poden evidenciar nos análisis de solos, xa que nas últimas décadas os solos galegos pasaron de ter niveles baixos en fósforo a moi altos debido á intensificación gandeira, polo cal estase a acumular o fósforo no solo en certas zonas de Galicia, sendo o caso mais evidente a comarca da Limia, ainda que neste caso sexa debido á gandería intensiva de porcos e polos.

A parte de comprobar os niveis de fertilidade, deberíase facer unha análise de solo cada 5 anos, principalmente para comprobar se se necesita encalar para correxir a acidez do solo

Nitróxeno mineralizable:

Se non dipoñemos dun análise de solo, podemos estimar as necesidades de nitróxeno tendo en conta o que poda subministrar a propia parcela en función de:

Valor fertilizante do xurro:

O nitróxeno dos xurros compórtase de dúas maneiras:

¿Cando e como é mellor abonar con xurros para aproveitar os nutrientes e non contaminar?

En primeiro lugar, debermos evitar entrar coa cisterna e o tractor cando o solo esté brando, xa que destruiremos a estructura do solo e polo tanto as plantas non poderán desenvolver ben as ráices para aproveitar os nutrientes.

O factores que mais inflúen no aproveitamento é a época de aplicación e a choiva:

Análise dos custes de aplicación do xurro utilizando distinto tipo de maquinaria e prácticas agrarias

Táboa 1: Custe comparado da redución de emisións de amoníaco (NH3) na aplicación do xurro

Euros/kg

volumen anual de xurro (m3)

1000

3000

10000

Mangueiras arrastradas

7,08 €

2,54€

1,14€

Zapato arrastrado

5,06 €

2,57€

1,77€

inxector de discos

3,7€

2,04€

1,47€

cultivador

2,76€

2,33€

1,41€

Incorporación con grada de discos en menos de 4 horas

0,6€

0,6€

0,6€

Aplicación cando orballa ( 2-5 mm de choiva/hora)

0€

0€

0€

Fonte: UNECE 2011

Segundo se comproba na táboa 1, existen prácticas agrarias moi eficientes e mais fácilmente asumibles polos gandeiros como son a incorporación ou enterrado (no caso de implantación ou renovación dunha pradeira), ou aplicalo cando orballa.

Figura 3: Comparación das emisións de amoníaco producidas co prato de choque ca maquinaria de baixas emisións

Elaboración propia a partir do modelo ALFAM2 para unha dose de 30 m3 de xurro de vacún de leite, do 6% de materia seca, 1,2 kg/t de TAN, tª 15º, velocidade do vento 2,5 m/s

Na Figura 3 pódese preciar que as emisións de amoníaco producidas co método convencional (prato de choque) pódense reducir por debaixo das producidas utilizando a maquinaria de inxección, cando se produce un mínimo de 2 mm de pluviometría no momento que se aplica o xurro.

Figura 4: Número medio de días dispoñibles para botar o xurro con choiva menor de 10 ou 30 mm diarios. Santa Comba 2001-2019(Meteogalicia)

A partir dos datos reflexados na figura 4, pódese concluír que os gandeiros da comarca do Xallas, por exemplo, dispoñen de preto de 11 días de media nos meses desde febreiro a abril, e de 10 días en maio, 11 en outubro (de novembro a xaneiro non se debería abonar en xeral con xurro), para poder abonar cando orballa, cunha eficiencia superior a que se obtería incluso utilizando os inxectores.

Debería ser obrigatorio utilizar a maquinaria de baixas emisións en Galicia?

  1. Desde o punto de vista legal: Non debería ser obrigatorio, xa que a normativa Europea non prohibe o plato de choque, senón que o que dí é que o Estado Español está obrigado a reducir as emisións de amoníaco. E hai que lembrar que éstas son orixinadas, en primeiro lugar, polo crecemento da produción de porcino, que xa representa o 44% das emisións, seguida dos fertilizantes minerais 20 (%), mentres que o vacún de leite non chega ao 10% do total.
  2. Non está previsto a prohibición do prato de choque na nova PAC 2021-2027 (xa non o era na antigua PAC), pero si esta previsto como medida agroambiental, para compensar os custes a maiores que ten a compra e mantemento (reparacións, gasóleo, etc) desa maquinaria:
  3. A diferenza doutra rexións de España de clima mediterráneo, as condicións edafoclimáticas de Galicia e da Cornisa Cantábrica, son moito máis favorable para evitar as perdas de amoníaco, debido á menor temperatura ambiente, e sobre todo pola existencia dun tipo de pluviometría como é o “orballo”, ou o “txirimiri” que ademáis de evitar a evaporación, lava o xurro depositado nas follas da herba.

Calidade das augas e abonado

Tanto o nitróxeno como o fósforo son nutrientes que temos que evitar que vaian a parar ás augas para evitar a súa contaminación. No proceso de eutrofización -falta de osíxeno na auga, o que provoca a morte de animais e plantas- dos encoros o factor limitante para o desenvolvemento das algas é o fósforo, por iso os solos con altos niveis de fósforo poden ser a principal causa do deterioro da calidade das augas, sobre todo se estamos en parcelas facilmente erosionables, cerca dun cauce, en zonas inundables etc.

Figura 5: Punto crítico (change Point) para ao lavado do fósforo pola choiva en Rothamsted (Reino Unido) en función da análise do solo

Non todos os solos teñen a mesma capacidade de retención do fósforo, senón que depende da súa textura, contido en Al, Fe, contido en materia orgánica, etc. .

Para cada solo existe un punto crítico ou punto de cambio, a partir do cal éste xa non pode reter máis fósforo por estar saturado, polo que se pode lavar facilmente ca choiva, e ser arrastrado cara os cauces ou incluso infiltrase na capa freática.

Estudios realizados en Rothamsted (Reino Unido) a partir das análises de solos, estimaron o punto de cambio, en solos arxilo limosos, en 60 mg/kg (Olsen), moi superior aos niveis de 25 mg/kg recomendados para unha produción máxima de 7 tn/ha de trigo ou 5 tn/ha de cebada (franxa verde da figura 5)

Xeralmente os solos areosos -caso dos da comarca da Limia- alcanzan antes o grado de saturación e con menor aporte de abono fosfórico que os solos francos ou arxilosos, e polo tanto son máis sensibles a o lavado.

Máis información sobre o abonado das pradeiras: https://www.campogalego.gal/recomendacions-ciam-para-fertilizacion-de-prados-e-pradeiras/

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada