Viña

Comeza a vendima este sábado na DO. Valdeorras con moi boas previsións

Loading ad.
Ad could not be loaded.
27/08/2021 4:50 p.m.

Os traballos de recollida da uva iniciaranse en Valdeorras mañá, en concreto na adega Valdesil, e agárdase, tal e como sinalou o presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, que a colleita sexa “óptima, tanto en cantidade coma en calidade”. O organismo agarda poder superar os 5,5 millóns de quilos de uva recollidos na pasada campaña nunha vendima que se estenderá, posiblemente, ao longo dos vindeiros dous meses.

Precisamente, o Pleno do Consello Regulador reunido hoxe en Vilamartín de Valdeorras acordou, coma en anos anteriores, a contratación de vedores para a vendima 2021 a través dunha empresa de traballo temporal. Xunto a iso, aprobou as normas para a vindeira campaña tanto para estes vedores, como para adegas e explotadores.

Xunto a isto, en tempo de vendima, en concreto entre o 15 de setembro e o 17 de outubro, suspenderanse as catas que, con regularidade, se realizan nas instalacións do Consello Regulador en Vilamartín de Valdeorras.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada