Agricultura

Comeza en Betanzos a colleita da flor do lúpulo para elaborar cervexa

Estrella Galicia inicia a recollida de máis de 15 hectáreas desta planta, principal ingrediente da cervexa. Este ano colleitan por primeira vez a variedade Centennial, xunto a outros sete tipos de lúpulo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 31/08/2018 1:48 p.m.

A Corporación Hijos de Rivera (Estrella Galicia), a través de Cosecha de Galicia SLU, inicia esta semana a recollida da flor do lúpulo na zona de Betanzos (A Coruña). A firma levará a cabo a recolleita de máis de 15 hectáreas desta planta rubideira, principal ingrediente da cervexa, á que lle aporta sabor e aroma. A colleita destas flores realizarase durante dúas semanas.

A compañía cervexeira está a desenvolver proxectos de produción, innovación e investigación sobre o lúpulo con convenios con distintas entidades con experiencia no cultivo desta planta. Deste xeito, coa colaboración do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e a cooperativa LUTEGA, este ano colleitarán lúpulo Centennial, unha variedade americana moi popular entre os cervexeiros. Tamén colleitarán outros sete tipos de lúpulo: Nugget, Magnum, Perle, Sladek, Merkur, Cascade y Admiral.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Este proxecto de recuperación do cultivo do lúpulo conta con máis de 15 hectáreas de terreo que aportan as diferentes entidades. Así, Corporación Hijos de Rivera, a través de Cosecha de Galicia, aporta en torno a 9 hectáreas propias. As fincas ubicadas nas instalacións do CIAM contan con 2,2 hectáreas de cultivo experimental de lúpulo, namentres que as agrupadas na cooperativa LUTEGA suman 3,7 hectáreas.

A iniciativa de recuperar o lúpulo xurdiu no 2004 co obxectivo de elaborar unha cervexa especial para a celebración do Centenario de Estrella Galicia e dende entón foron consolidando o proxecto.

[box style="0"]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Lúpulo ecolóxico e mellora da produtividade

Por sexto ano consecutivo tamén colleitarán lúpulo ecolóxico seguindo os procedementos marcados polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega). A parcela de lúpulo ecolóxico atópase nas instalacións do CIAM e nela levan a cabo un proceso de investigación e probas ata pasar do cultivo convencional ó ecolóxico.

Por outra banda, por segundo ano consecutivo realizaron un estudo a diferentes alturas das plantas de Perle, unha variedade pouco vigorosa no clima e o solo de Galicia. O obxectivo é mellorar a produtividade evitando que a planta teña que gastar tanta enerxía en alcanzar os 6 metros de altura tentando que quede nos 5 metros con menos tallos.

Neste senso tamén teñen realizado un estudo sobre a utilización de materiais biodegradables para as trepas das plantas do lúpulo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[/box]

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada