Viña

Comeza a vendima en Valdeorras

Loading ad.
Ad could not be loaded.
12/09/2016 9:43 a.m.

A vendima 2016 comeza este luns na Denominación de Orixe Valdeorras. A primeira adega en facela será SAT Godeval, unha emblemática bodega da zona, que recentemente celebrou os seus 30 anos de actividade.

Os fenómenos meteorolóxicos adversos e a incidencia do mildiu nas cepas mermarán, previsiblemente, a cantidade de quilos de uva que se recollan na comarca, en relación ao ano pasado. Para axudar a paliar estes danos, o presidente do Consello Regulador da D.O. reclamou recentemente á Xunta a apertura dunha liña de axudas similar á aprobada para a Ribeira Sacra.

Malia a redución prevista na produción, con respecto á extraordinaria campaña da vendima de 2015, a calidade da uva na comarca seguirá sendo, un ano máis, “excelente”, segundo destaca Francisco García, presidente da D.O. Valdeorras.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada