Viña

A colleita da D.O. Ribeira Sacra recibe a cualificación de excelente

Loading ad.
Ad could not be loaded.
22/02/2019 11:53 p.m.

Este venres, 22 de febreiro, celebrouse no Centro Sociocultural de Paradela, a Cata de Cualificación da colleita 2018 na D.O. Ribeira Sacra, co obxectivo de establecer unha valoración media desta última colleita.

O panel de cata valorou 10 referencias, representativas das 5 subzonas (Amandi, Chantada, Quiroga- Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil), catando mostras de pequenas e grandes adegas, e mostras de depósito e xa no mercado, para ter un abano diverso, co obxectivo de determinar unha calidade media dos viños, que resultou ser excelente, cunha puntuación de 8.1.

Integraban o panel de cata:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Antonio Raluy, da Asociación Galega de Catadores, destacaba, “Son viños sorprendentes, no sentido que notabas una estrutura e un frescor, a estas alturas do ano, moi interesantes. Dá a impresión de que nos vai a levar a unha anada para gozar. Esa frescura adiántanos un ano esperanzador.”

Alfonso Losada, do panel de cata do C.R.D.O.R.S. apuntaba, “Foi un ano no que houbo enfermidades criptogámicas do viñedo, pero a colleita que se conservou, madurou moi ben nas últimas etapas e fai que deamos esta puntuación de EXCELENTE”.

Mateo Seoane Corral, da Asociación Sumilleres de Gallaecia, sinalaba, “Apréciase a variedade, o frescor, o potencial que ten a Denominación de Orixe. Unha calidade, que se nos remontamos a hai 10 anos, vese que a evolución é moi positiva. Todos os viños de Ribeira Sacra teñen esa froita e esa frescura propia dos chans onde nacen, a orografía, a climatoloxía… Son viños que non están pasados de grao alcólico, teñen esa punta de acidez que os diferenza do resto de viños do panorama nacional.”

Xesús Verao Pérez, do panel de cata do C.R.D.O.R.S. destacaba “Son viños, que a estas alturas do ano están moi equilibrados, cun tanino ao que se lle ve maduración e en nariz véselles frescura, agradables, na liña que está a Denominación, ultimamente.”

O Consello Regulador organiza esta cata co fin de informar os consumidores sobre a calidade dos viños que se van a atopar no mercado. A primeira cata de cualificación celebrouse no 1996, co resultado de “BOA”. Desde entón, todas as cualificacións foron de “MOI BOA”, agás no 2000, o ano pasado e este, que foron “EXCELENTES”.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada