Viña

A colleita 2019 da D.O. Ribeiro cualificada como “moi boa”

Loading ad.
Ad could not be loaded.
30/07/2020 7:47 p.m.

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro cualificou a colleita 2019 como “moi boa” por acordo plenario na reunión celebrada esta mañá en Ribadavia.

Esta cualificación aplicable aos viños da colleita 2019, actualmente en vías de comercialización, vén determinada polas análises organolépticas realizadas ao longo do ano polo Órgano de Control e Certificación do Consello Regulador.

Anualmente o Órgano de Control analiza unha media de 303 mostras e compáranse os resultados das últimas 20 colleitas. Actualmente xa se analizaron e validaron máis de 274 mostras da colleita 2019, que supoñen máis de 3.77 millóns de litros válidos para a súa comercialización con Denominación de Orixe Ribeiro.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A partir do tratamento estatístico destes datos obtense unha información representativa, que permite cualificar a colleita de maneira obxectiva en función da súa calidade organoléptica.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada