Viña

A colleita 2018 da DO Ribeiro, cualificada de “moi boa”

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 10/07/2019 10:09 a.m.

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro acaba de cualificar a colleita 2018 como "moi boa" trala reunión celebrada na súa sede, situada en Ribadavia.

Esta cualificación, que se aplica á colleita 2018, actualmente en pleno proceso de comercialización, resulta das análises organolépticas realizadas ao longo do ano polo Órgano de Control e Certificación do Consello Regulador. En concreto, cada ano o Órgano de Control analiza unha media de 303 mostras e compáranse os resultados das últimas 20 colleitas.

Cada ano analizan máis de 300 mostras e compáranse cos resultados das últimas 20 colleitas

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Segundo informa o Consello Regulador, actualmente xa se analizaron e validaron máis de 289 mostras da colleita 2018, que supoñen máis de 3.23 millóns de litros válidos para a súa comercialización con Denominación de Orixe Ribeiro.

A partir do tratamento estatístico destes datos obteñen unha información representativa, que é a que permite cualificar a colleita de maneira obxectiva en función da súa calidade organoléptica.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada