Viña

Coidados do viñedo: Recomendan tratar contra o mildiu e contra o oídio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
24/05/2019 5:05 p.m.

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA) vén de aconsellar no seu aviso fitosanitario deste venres a renovación do tratamento das viñas fronte ao Mildio, aproveitando para engadir tamén na aplicación un funxicida contra o Oídio dadas as condicións favorables para a infección.

Por outra banda, o persoal técnico subliña que na última semana produciuse un crecemento significativo dos gromos e que, en canto aos acios, hai diversidade de estados incluso na mesma viña, con plantas con acios ou botóns xa separados, outras con grans formados e outras en flor.

A técnica Rosa Pérez lembra que a información aportada nos avisos fitosanitarios semanais baséase no observado nas parcelas de seguimento, noutras dos percorridos e tamén nos datos que achega outro persoal técnico e viticultores, e subliña que sempre convén confirmar a situación particular de cada finca xa que pode haber diferencias mesmo locais. “A nosa aportación debe ser considerada máis ben como unha referencia ou orientación que axude a unha mellor xestión dos cultivos”, afirma.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Pérez destaca que a última semana comezaron a aparecer timidamente manchas de Mildeu en novos crecementos sen protexer ou con tratamentos mal aplicados sobre as viñas, o que tornou nunha maior presenza dos síntomas polas condicións climatolóxicas en diferentes zonas da provincia de Pontevedra. Debido a isto, se aínda non se renovou o tratamento aconséllase facelo o antes posible.

É necesario engadir xa un funxicida antioídio aos tratamentos previstos para o Mildio

Por outra banda, dado que a floración é un período no que convén protexer a viña fronte ao Oídio e houbo condicións moi favorables á infección, tamén é axeitado engadir xa un funxicida antioídio aos tratamentos previstos para o Mildio.

Convén tamén comezar a estar alerta pola botrite, seguir a vixilancia do Black Rot e dos ácaros, lembrando que non se deben tratar con acaricidas a menos que se confirme a súa presencia, coa finalidade de conservar as poboacións de ácaros fitoseidos, reguladores naturais dos ácaros praga.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada