Agricultura

Coidados fitosanitarios das maceiras durante estes días

Loading ad.
Ad could not be loaded.
21/05/2016 11:46 a.m.

O boletín fitopatolóxico da Xunta de Galicia deste venres informa de que seguimos a estar sen incidencias de Pulgón verde (Aphis pomi), de Pulgón laníxero (Eriosoma lanigerum), de Taladro (Zeuzera pyrina) e de “Orugueta del almendro” (Aglaope infausta).

Igualmente segue a ser recomendable manter a vixianza sobre as femias "fundatrices" de Pulgón cincento (Disaphys plantaginea), principalmente en maceira de mesa. En canto ao Verme da mazá (Cydia pomonella), a día de hoxe aínda non rexistraron capturas nas trampas.

Polo que respecta ás enfermidades, en Moteado (Venturia inaequalis) séguese na época crítica para as infeccións primarias en variedades de mesa e na maioría das de sidra; en Oidio (Podosphaera leucotricha) a época é de perigo relativo, aínda que coa subida progresiva das temperaturas irase deixando atrás.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Recomendacións de tratamentos

Tanto nas plantacións de mesa como nas de sidra débense instalar xa as trampas de monitoreo para o seguimento do voo de Cydia pomonella. Así mesmo, no seu caso débense instalar tamén os sistemas de confusión sexual (800/1000 difurosres/Ha), autorizados en agricultura ecolóxica.

En mazá de sidra non hai recomendacións de tratamento. Pero en mazá de mesa, ao estar xa na fase de caída de pétalos, xa se pode facer unha aplicación fitosanitaria con funxicida (co obxecto de manter as maceiras protexidas das infeccións primarias de Moteado) e insecticida (para manter libre de femias fundatrices e individuos da primeira xeración de Pulgón os pétalos e sépalos do corimbo, as primeiras folliñas e as colonias instaladas nalgunha outra parte da árbore).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada