Leite

Coidados da vaca antes e despois do parto

Intervención de Juan Manuel García Castro, veterinario de Albeitaneria, Servizos Veterinarios, na xornada Técnica: Sanidadeen Vacún de Leite, celebrada na EFA-Fonteboa, en Coristanco (ACoruña). Relatorio sobre "O periparto: Aspectos nutricionais relacionados coas enfermidades posparto"

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Juan Manuel García Castro 30/04/2015 8:52 a.m.

Comezaremos recordando que os obxectivos do inicio da lactación, e en consecuencia da transición, son obter un bo nivel de produción leiteira, evitar ou controlar a incidencia de patoloxías e recuperar a función reprodutiva, cunha alta aos 30 días posparto e un primeiro celo antes dos 45-60 días.

Para iso debemos ter en conta que a vaca se encontra nun período de transición, tal e como se describe no cadro, no que deberá adaptar a súa capacidade dixestiva a unha maior inxestión -adaptación da flora microbiana e da parede ruminal- e tamén o seu metabolismo, cun novo balance de nutrientes, alteracións na función inmunitaria e na inxestión da materia seca.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Vacas transicion -Fase 1 -Zona amarela

Esta fase vai dende o secado aos 21 días prepartofase seca temperá). Durante esta fase a dieta recomendable é a seguinte:

Vacas transición -Fase 2 - Zona vermella

É unha fase que vai dende os 2- 21 días de preparto (período seco tardío: preparto).
Recomendacións de dieta:

Hai que ter en conta que a inxestión de comida diminúe ata un 30% nas 3 ultimas semanas preparto e é maior nos últimos 5 días, con maior caída nas vacas gordas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Nesta fase chega o parto, que é unha situación de estrés para a vaca. Nesta fase recoméndase unha zona de parto específica para a vaca, con acceso a comida e auga e de 8-10 m2 de espazo por vaca.

Vacas transicion-Fase 3 - Zona verde

Esta fase vai dende os 3 a 21 días posparto. Recomendacións nutricionais:

Recomendacións xerais para vacas secas e de preparto

-  Bebedoiros limpos e suficientes 8-10 cm/animal, cun mínimo de 2 por lote e con bo acceso.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-  Comedeiros: espazo de comedeiro maior de 70 cm e calidade da comida.

-  Contar cunha zona preparto con boa cama onde as vacas paren. Tamén poden ser levadas a parideras debidamente acondicionadas. Son dúas alternativas de manexo diferentes.

-  Parideras: en número abondo, cunha dimensión de 4 x 4 m, con separadores móbiles, chans non escorregadizos, e manter a hixiene.

-  Manexo da vaca de parto: separar no momento do parto e evitar situacións de estrés.

-  Atención ao parto: desinfección dos utensilios e esperar para axudala entorno a 2 horas.

-  As vacas en preparto e posparto son moi sensibles a factores de estrés tales como: sobrepoblación, cambios de lote, mesturar xovencas con vacas, aloxamento en malas condicións, falta de descanso, sucidade e calor.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada