Carne

Cogal organiza unha xornada técnica de cunicultura en Silleda

Loading ad.
Ad could not be loaded.
30/01/2019 9:10 p.m.

A cooperativa galega COGAL, unha das principais produtoras de carne de coello de España, organiza unha xornada técnica de cunicultura que coincidirá coa celebración da III Feira Abanca Cimag – GandAgro 2019 do 21 ao 23 de febreiro en Silleda.

A Xornada Técnica terá lugar o sábado 23 de Febreiro no Club do Expositor desde as 11:30 horas. Cogal liderou, en colaboración con outras empresas, un ambicioso proxecto de I+D+i denominado Tecnocun, cuxos resultados e aplicacións adiantaranse durante a xornada.

Ademais, a directora - xerente de Intercún presentará todas as actividades que se están a levar a cabo desde a interprofesional cunícola tanto a nivel de promoción da carne de coello como proxectos de investigación ao servizo da cunicultura, ou temas abordados coa administración.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Francisco Parra e Kevin Dalton, que traballan no Instituto de Biotecnoloxía de Asturias, Universidade de Oviedo, e que é referente nestas enfermidades para a cunicultura española, darán a coñecer os últimos avances na loita contra as doenzas víricas.

A continuación, Gonzalo Fernandez, profesor da Facultade de veterinaria de Lugo e colaborador habitual de Cogal, tratará o importantísimo papel da bioseguridade en cunicultura en relación a estas enfermidades víricas que afectan ao sector, tomando como base estudos de detección ambiental destes virus na produción cunícola.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada