Viña

COAG aposta pola colleita en verde para reequilibrar a oferta e a demanda antes da vendima

A organización agraria pide un orzamento extraordinario de polo menos 40 millóns de euros, achegados pola UE, o Ministerio de Agricultura e as comunidades autónomas para financiar a medida

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 10/05/2021 5:34 p.m.

[caption id="attachment_69863" align="aligncenter" width="660"] Racimos de uva dous meses antes da vendima na comarca de O Salnés[/caption]

A Coordinadora de Organizacións de Agricultores e Gandeiros (COAG) considera a colleita en verde a medida máis adecuada para abordar a curto prazo a crise do sector vitivinícola, xa que é a única actuación que elimina materia prima do mercado antes mesmo da súa transformación a viño.

Así llo trasladou COAG ao Ministerio de Agricultura, en resposta o cuestionario remitido ás organizacións agrarias para abordar a preocupante situación do sector. O vitivinícola foi desde o primeiro momento uno dos máis afectados pola pandemia da covid-19 debido ao peche e posteriores restricións da canle HORECA, que representa o 60% do consumo de viño, así como a cancelación de todo tipo de festas e eventos nos que o consumo tamén era importante.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Debería aplicarse en todo o territorio nacional e contar cun orzamento extraordinario de 40 millóns de euros, á marxe do Plan de Apoio estatal ao sector Vitivinícola (PASVE)

Para que esta medida sexa eficaz debería aplicarse en todo o territorio nacional e dotarse dun orzamento extraordinario de polo menos 40 millóns de euros, achegados por UE, Ministerio de Agricultura e comunidades autónomas, reclama COAG, á marxe do Plan de Apoio ao Sector Vitivinícola (PASVE).

Inmobilización de viño e mosto para 2022

Loading ad.
Ad could not be loaded.

“Deixamos moi claro ao Ministerio de Agricultura que para executar as medidas extraordinarias por mor da crise do coronavirus debe establecerse un orzamento extraordinario á marxe do PASVE. Non se pode hipotecar, por un problema conxuntural alleo ao sector, un orzamento asignado ás medidas ordinarias que son moi necesarias para mellorar a competitividade do sector vitivinícola, tales como a reestruturación do viñedo, modernización de adegas ou promoción en terceiros países”, subliñou Joaquín Vizcaíno, responsable do sector vitivinícola do sindicato.

Con todo, se non se habilitasen finalmente fondos adicionais, e non quedase máis remedio que retraer fondos do PASVE, COAG aposta porque este diñeiro vaia destinado exclusivamente a financiar a colleita en verde. Esta medida é máis que necesaria para lograr un reequilibrio entre oferta e demanda antes da vendima e evitar o impacto dos baixos prezos de mercado sobre os prezos pagados polas uvas aos viticultores. Tamén se confía en que en xaneiro de 2022 se poida activar a norma de comercialización de inmobilización de viño e mosto se a situación o require.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada