Noticias de empresa

CNH Industrial reactiva a fabricación de maquinaria agrícola

A compañía, que agrupa a marcas como New Holland, Case Ih ou Steyr, ten operativas as dúas terceiras partes das súas plantas de fabricación

Campo Galego 07/05/2020 10:44 a.m.

CNH Industrial ten operativas en distintos graos ao redor das dúas terceiras partes das súas 67 plantas a nivel mundial, aínda que parte delas a un ritmo reducido. A compañía ten previsto retomar por completo as operacións en todas as súas plantas a finais do mes de maio, segundo as previsións que manexa.

Durante estas primeiras semanas da crise do coronavirus, CNH Industrial mantivo activos a práctica totalidade dos seus centros loxísticos, o que lle permitiu continuar ofrecendo un servizo áxil de repostos á súa rede de distribuidores.

Na reactivación das súas plantas de fabricación, a compañía está a priorizar a fabricación agrícola (New Holland, Case Ih, Steyr, etc.) e a de motores e transmisións, en resposta á demanda local e ás peticións dos Gobernos. Seguiranlle gamas comerciais, especializadas e de construción.

[box style="0"]

Francesco Zazzetta , nomeado novo Director de New Holland Agriculture España

Francesco Zazzetta foi designado como novo director xeral New Holland España, e substituirá no cargo a Riccardo Angelini, o cal cambiará de posición como Director de Marketing de Posventa a nivel global, dentro da estrutura Aftermarket Solution do sector agrícola de CNH Industrial.

Francesco, licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade Bocconi de Milán (Italia), estaba actualmente desempeñando labores de Director de Marketing en New Holland Italia. Posuidor dunha contrastada experiencia en diferentes áreas de CNH Industrial, a pesar da súa xuventude, con máis de 13 anos de pertenza á compañía e sempre ligado á marca New Holland, asumirá o cargo a partir do próximo 1 de xuño.

[/box]

Etiquetado
Ir a la portada