Axenda

Clun organiza unha charla sobre mellora xenética e eficiencia en vacún de leite

03/11/2017 11:39 a.m.

O experto holandés Gosse Veninga, xerente de produtos xenéticos da multinacional CRV Genetics, ofrecerá o vindeiro luns, 6 de novembro, unha charla maxistral sobre “Mellora xenética, da saúde e da eficiencia en vacún de leite”.

A charla está organizada por Cooperativas Lácteas Unidas (Clun) e terá lugar ás 16:15 horas na biblioteca de Clun en Pontemaceira (Ames – A Coruña).

Na xornada abordaranse cuestións de interese para os gandeiros como a mellora das calidades do leite, como mellorar a saúde dos animais e a súa eficiencia ou como interpretar mellor as probas xenéticas.

A asistencia é gratuíta, pero é preciso confirmar previamente a asistencia chamando ao teléfono 618 326 186 ou enviando un whatsapp ao 647 355 289.

Etiquetado
Ir a la portada