Leite

Clun nomea director xeral a Rafael Prieto, en sustitución de José Luis Antuña, que se xubila

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 08/07/2019 10:57 a.m.

O consello reitor de Clun nomeou a Rafael Prieto como novo director xeral, en substitución de José Luis Antuña, quen ocupaba desde 2005 a direción xeral de Feiraco, pasando no 2017 a dirixir desde a súa fundación Clun, tralo proceso de integración cooperativa de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto.

O novo director xeral, Rafael Prieto, conta con máis de 20 anos de experiencia ocupando posicións de dirección en empresas alimentarias, de acuicultura e industriais. Desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional no Grupo Pescanova. O seu último posto foi director xeral de Acuicultura do Grupo Nueva Pescanova, sendo tamén membro do comité executivo e da comisión de Estratexia da compañía.

Clun destaca en nota de prensa que o seu novo director xeral ten ampla experiencia en negocios internacionais e de gran volume de facturación. Prieto ten formación coma enxeñeiro industrial, especialidade de organización industrial, e cursou o programa de Dirección General do IESE e o de Alta Dirección na Escola de Negocios Caixanova.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada