Agroalimentación

CLUN lanza ao mercado a súa manteiga Únicla

25/10/2018 11:23 a.m.

O leite Premium de CLUN, Únicla, engade á súa gama un novo produto: a manteiga, a única naturalmente fácil de untar, procedente de granxas certificadas en benestar animal. No mercado desde este mes, poderase atopar en formato lata de 250 gramos.

CLUN traslada a este novo produto o perfil mellorado de acedos graxos do leite Únicla, procedente da alimentación diferencial e o benestar animal das vacas. Dende CLUN destacan que “a nova manteiga Únicla conta cun 50% máis de acedos graxos poliinsaturados que unha convencional, con achegue de Omega3 e CLA de forma natural e menor contido, por tanto, de graxas saturadas; ademais de presentar unha maior untabilidade na súa textura”.

Ademais, subliñan que “a diferenza doutras manteigas presentes no mercado fáciles de untar, a manteiga Únicla non contén outros ingredientes ou aditivos artificiais para garantir unha textura uniforme e fácil untabilidade”.

A manteiga, e en xeral a graxa do leite, estase a revalorizar nos últimos anos no mercado, con prezos históricos, avalada por novos estudos científicos que confirman as súas propiedades máis saudables fronte ás graxas hidroxenadas de orixe vexetal.

Etiquetado
Ir a la portada