Leite

Clun e Clesa poñen en valor o papel industrial das cooperativas nunha visita ministerial

O ministro de Agricultura, Luis Planas, destaca os avances no proceso de integración das cooperativas, se ben sinala que “queda moito camiño por percorrer nesa materia en España”

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 04/09/2019 4:43 p.m.

A factoria de Clesa (Caldas de Reis, Pontevedra) e a de Clun (Pontemaceira, Ames, A Coruña) foron escenario hoxe dunha visita do ministro de Agricultura e Pesca, Luis Planas, que aproveitou a súa estancia en Galicia para coñecer dous exemplos de éxito de procesos cooperativos industriais. Tras manter unha reunión coa directiva de Clun, Planas compareceu ante os medios para destacar o esforzo integrador protagonizado polas cooperativas nos últimos anos. “Avanzamos moito, pero aínda queda un camiño por percorrer nesa materia en España”, sinalou.

Previamente ó encontro en Clun, Planas visitou a fábrica de Clesa, propiedade de Acolact, unha sociedade participada por Clun e por outras cooperativas galegas (Aira, Cobideza, O Rodo, Cusoviame, etc.). Sobre Clesa, o ministro incidiu na súa importancia na diversificación dos produtos lácteos, máis alá do leite líquido, unha cuestión que dixo, está a cobrar maior importancia tras o fin das cotas no 2015.

[caption id="attachment_97807" align="aligncenter" width="660"] Visita do ministro a Clun, onde se reuniu coa xunta rectora, co grupo Mulleres de Seu e co novo director xeral da cooperativa.[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Planas fixo tamén un repaso polos principais números do sector. Recoñeceu a progresiva redución de explotacións lácteas -dun 6% no 2018-, se ben valorou que é “un proceso lóxico, de cara a gañar dimensión e competitividade”. Outro punto negativo situouno o ministro na progresiva baixada do consumo de leite en España, un dato matizado polas “positivas perspectivas” para o mercado lácteo a nivel mundial, cunha poboación en crecemento que demanda lácteos.

O ministro ten previsto rematar esta tarde a súa visita a Galicia coa inauguración en Lugo do Congreso de Economía Agraria, que acolle a Escola Politécnica (Universidade de Santiago).

Máis información
- O sector lácteo encalla no supemercado.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada