Agroalimentación

Clesa prevé finalizar este ano cun incremento do 35% nas vendas

19/11/2016 7:52 p.m.

Clesa prevé finalizar este ano cun incremento das vendas do 35% ata superar os 27 millóns de quilos de iogures e sobremesas lácteos.

A planta de Caldas de Reis foi adquirida no ano 2012 por un grupo de dez cooperativas galegas, a Agrupación de Cooperativas Lácteas, lideradas por Feiraco, Agris, Melisanto e Os Irmandiños, co obxectivo de avanzar na transformación e xeración de valor engadido do leite polos propios gandeiros.

Os obxectivos están a cumprirse segundo avanzou este sábado o director de Clesa, Pablo Gómez, nunha mesa redonda celebrada en Mazaricos con motivo da Semana Gandeira.

“Este ano pecharémolo cun incremento da produción de ao redor dun 35% con respecto ao ano 2015, ata alcanzar máis de 27 millóns de quilos de iogur producidos”, asegurou.

Clesa apostou ao longo deste ano por incrementar a súa oferta en sobremesas infantís, lanzando novos produtos como os Bombón Go, os Mini Bombón Kids Pouch, así como os Mini bombón Kids e os Jelly Milk.

Ir a la portada