Agricultura

Claves para un almacenaxe axeitado das patacas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
24/09/2018 2:10 p.m.

Unha das opcións que se lle presentan ós agricultores da Limia e doutras comarcas pataqueiras de Galicia nesta tempada é almacenar as patacas ata os meses de xaneiro e febreiro para optar a prezos altos, tal e como parece que se vai presentar a campaña.

Neste sentido, Servando Álvarez, director do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro da Limia, centro dependente da Deputación de Ourense, subliña que a almacenaxe deberá contar cunhas condicións fitosanitarias e de conservación para evitar danos na colleita.

Servando Álvarez aporta algunhas das claves a ter en conta na almacenaxe:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- A maior parte da produción da Limia destínase a fritir polo que a temperatura de conservación non poderá ser inferior a 8 grados centígrados. De conservarse por debaixo desa temperatura activaríanse unha serie de reaccións na pataca que provocan que quede negra ó fritirse.

- Esta temperatura nun ambiente pechado propicia que, polo propio proceso fisiolóxico da pataca, haxa un ambiente moi húmido no almacén o que conleva que se produza condensación que pode causar enfermidades por fungos ou bacterias.

Por iso, para lograr un bo almacenaxe das patacas é preciso:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- Contar cun almacén ben illado para conservar esa temperatura

- Sistemas de ventilación que poidan introducir aire ó almacén de xeito que se reduza o risco destas afeccións.

- É preciso forzar a ventilación non só na parte superior do montón senón mediante túneles de ventilación e ventiladores para acceder ó interior deste.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- Unha vixilancia constante do montón para detectar a tempo as patacas que poidan estar afectadas por brotes destas afeccións.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada