Apicultura

Claves para identificar e tratar as enfermidades das abellas

Rescatamos unha guía práctica da “Agrupación para o desenvolvemento e formación do Sector Apícola Galego” sobre as patoloxías das abellas. Descríbense os síntomas, o diagnóstico e as medidas de loita contra 8 enfermidades comúns nos apiarios

07/03/2018 5:42 p.m.

Rescatamos unha guía práctica da “Agrupación para o desenvolvemento e formación do Sector Apícola Galego” sobre as patoloxías das abellas. Descríbense os síntomas, o diagnóstico e as medidas de loita contra 8 enfermidades comúns nos apiarios

Loque americana:

Axente Causal Síntomas Diagnóstico Medidas de loita
Paenibacillus larvae. Bacteria formadora de esporos moi persistentes que afecta á cría operculada -Forte cheiro agre.

-Cría salpicada.

-Opérculos fundidos e agretados.

-Larva de cor escura e consistencia mucosa-filante.

-Escamas no fondo das celas, difíciles de desprender.

-Clínico: baseado nos síntomas “proba de palillo”.

-Laboratorial: illamento e identificación do axente causal.

-Diferencial: Hai que diferenciala da loque europea e da cría enfriada.

-Desinfección e destrución das colmeas afectadas e do material apícola da explotación.

-Tratamento químico.

-Vixilancia da abellariza afectada e dos colmeares próximos.

Loque europea:

Axente Causal Síntomas Diagnóstico Medidas de loita
Melissococcus pluton. Bacteria non formadora de esporos, que afecta á cría non operculada. -Forte cheiro agre.

-Cría salpicada.

-A cría non operculada toma unha coloración escura.

-Escamas no fondo das celas, que son facilmente desprendidas.

-Clínico: baseado nos síntomas.

-Laboratorial: illamento e identificación do axente causal.

-Diferencial: Hai que diferenciala da loque americana e da cría enfriada.

-Destrución da cría afectada.

-Tratamento químico.

Polo escaiolado:

Axente Causal Síntomas Diagnóstico Medidas de loita
Ascosphera apis. Fungo formador de esporos, moi resistentes. Afecta soamente á cría. -Presenza de cría con consistencia algodonosa, momias, na piqueira.

-Cría salpicada.

-Momias no interior das celas.

-Clínico: baseado nos síntomas.

-Laboratorial: illamento e identificación do axente causal.

-Colocar as colmeas nun lugar solleiro, para evitar a humidade.

-Renovación periódica das ceras.

-Desinfección da colmea e do material apícola da explotación.

Nosemose:

Axente Causal Síntomas Diagnóstico Medidas de loita
Nosema apis. Parasito microscópico que afecta ao tubo dixestivo das abellas adultas e que forma esporos resistentes. -Abdome das abellas dilatado e encollido.

-Manchas diarreicas na piqueira e no interior da colmea (non sempre)

-Imposibilidade para voar.

-Esterilidade da raíña.

-Clínico: nunca é definitivo.

-Laboratorial: visualización dos esporos.

-Diferencial: da acariose e da virose.

-Tratamento químico.

-Desinfectar ou eliminar o material contaminado.

Varroase:

Axente Causal Síntomas Diagnóstico Medidas de loita
Varroa jacobsoni. Parasito que afecta ás crías e ás abellas adultas. -Presenza de abellas con deformidades no interior e no exterior da colmea.

-Cría salteada.

-Clínico: baseado nos síntomas e na visualización do parasito na cría e nas abellas.

-Laboratorial: visualización do parasito.

-Diferencial: da braula coeca.

-Tratamento químico con acaricidas autorizados.

Couza:

Axente Causal Síntomas Diagnóstico Medidas de loita
Galleria mellonela. As larvas desta couza destrúen os panais almacenados e os das colmeas máis febles. -Destrución da cera dos panais.

-Presenza de marañas de fíos de seda no interior da colmea.

-Erosión da madeira dos cadros.

-Clínico: baseado na visualización das larvas da couza no interior da colmea. -Manter as colmeas fortes.

-Protexer as colmeas fronte á couza durante o almacenamento das alzas.

-Métodos químicos.

-Métodos biolóxicos.

Virose:

Axente Causal Síntomas Diagnóstico Medidas de loita
Existen varios virus que afectan ás abellas: virus da parálise crónica, virus da parálise aguda...etc. -Abellas na piqueira con incapacidade para voar. Abellas con tremores.

-Abellas co abdome de cor negra e brillante.

-Clínico: nunca é definitivo.

-Laboratorial: fan falta técnicas especiais para o seu illamento e identificación.

-Non existe tratamento químico selectivo.

-Evitar a consanguinidade, mediante o cambio da raíña.

-Control da varroase.

Morte por fame:

Axente Causal Síntomas Diagnóstico Medidas de loita
Non é unha enfermidade, senón un accidente. -Abellas metidas de cabeza no interior das celas.

-Ausencia de reservas de alimento.

-Abellas mortas no interior da colmea.

-Clínico: baseado nos síntomas. -Deixar as colmeas con suficientes reservas de alimento durante a invernía.

Descarga aquí o díptico sobre “As patoloxías das abellas”.

Etiquetado
Ir a la portada