Leite

Clausurada a Escola de Xuíces Gandeiros de Fefriga

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 29/07/2017 11:08 p.m.

A Federación Frisona Galega (Fefriga) retomou este ano a organización da Escola de Xuíces Gandeiros, tras unha década de parón. A iniciativa, na que participaron 85 persoas, entre gandeiros, veterinarios e técnicos, clausurouse o pasado venres en Lalín, nun acto no que participou a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez.

O obxectivo da Escola é formar ó colectivo de profesionais do agro nas características morfolóxicas dos exemplares ideais, tanto en vacas como en xovencas, de cara a mellorar o control das explotacións sobre o seu gando e permitir unha mellor selección para produción e reprodución.

A actividade contou tamén cunha charla do director do Ligal, Roberto Lorenzana, sobre a marca de calidade Galega 100%.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Control leiteiro
Fefriga é a federación que agrupa ás catro asociacións provinciais de control leiteiro (Africor) de Galicia. Xuntas, contan con 2.800 explotacións inscritas en control leiteiro e no libro xenealóxico da raza frisona. O volume total de animais destas granxas está arredor das 290.000 cabezas. Representan aproximadamente o 35% das explotacións que se dedican á produción de leite en Galicia, pero o volume de leite producido rolda o 70% da comunidade.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada