Viña

Clase técnica sobre boas prácticas na viticultura sustentable

Esta acción formativa terá lugar o vindeiro día 23 de novembro na sede do Consello Regulador do Ribeiro. Hai un total de 70 prazas dispoñibles para as que o prazo de inscrición remata o próximo día 21

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 16/11/2022 3:51 p.m.

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia organiza para o vindeiro día 23 de novembro a xornada técnica ‘Boas prácticas na viticultura sustentable’, co respaldo da Consellería do Medio Rural. Esta formación terá lugar na aula da sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Ribeiro, en Ribadavia (Ourense).

As prazas dispoñibles para participar nesta xornada son 70 en total e o prazo de inscrición remata o vindeiro día 21 de novembro, ou antes no caso de esgotarse o aforo. Os interesados en participar poden descargar o díptico e a solicitude na web da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia ou tamén no anexo G da páxina da Consellería do Medio Rural. O formulario terase que remitir cuberto ao correo electrónico evega.medio-rural@xunta.gal. A súa inscrición será confirmada a través do enderezo electrónico.

Entre os obxectivos desta xornada técnica está a promoción das prácticas vitícolas conducentes a unha viticultura sustentable, formar o sector na fertilización do viñedo mantendo a biodiversidade e dar a coñecer iniciativas de I+D+i que se enmarcan nas boas prácticas vitivinícolas. Os seus destinatarios son especialmente os agricultores, viticultores ou gandeiros activos con producións con orientación comercial, cotitulares ou colaboradores familiares das explotacións.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada