Desenvolvemento rural

Circular do Fega sobre comunicacións de cesión de dereitos de pago básico

27/01/2017 12:13 a.m.

O Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) acaba de publicar unha circular sobre a xestión das comunicacións de cesións de dereitos de pago básico.

Desde o Fega lembran que unha vez que os dereitos xa foron comunicados aos que son os seus titulares durante o primeiro ano de aplicación do réxime de pago básico en España, é necesario  establecer  os criterios para a xestión harmonizada das comunicacións de cesión de dereitos de pago básico, con efecto na solicitude única 2017, e para a aplicación homoxénea en todo o territorio nacional das retencións ás cesións dos mesmos.

Esta circular  adoptouse  en consenso co Mapama e as comunidades  autónomas mediante as reunións do grupo de coordinación do Pago Básico, constituído polo Fega.

Accede aquí á circular

Etiquetado
Ir a la portada